O videopodcast de Carlos Vieito quedou como un dos finalistas a Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, sendo o primeiro programa en galego en ser nominado aos premios organizados pola Cadena SER e Podimo.

"A idea fundamental do Exército Mekemeke era o de crear referentes culturais, humorísticos, en lingua galega para a xente máis moza".

"Os contidos xurden, hai xente que se pon en contacto con nós para asistir ao programa, pero ten que fluir".

"O Twitter en galego foi unha iniciativa moi bonita e creo que a nivel social tamén marcou. Milleiros de persoas se apuntaron e centos delas traducimos voluntariamente".

O Exército Mekemeke é un videopodcast en galego producido e presentado por Carlos Vieito, cunha duración de media hora que se publica semanalmente a través das principais plataformas de podcast e vídeo, como son Spotify e Youtube. O programa conta coa colaboración do músico, Xabier Dios; a actriz, Lidia Veiga, e o cineasta, Miguel Gómez Abad. Ademais de ter como voz en off a unha das figuras máis recoñecidas da dobraxe galega, como é Antón Rubal.

O programa grávase e forma parte da grella da radio local, Ames Radio, a través do programa aberto de radio cidada lanzada polo Concello de Ames. Do mesmo modo, é difundido a través das redes sociais onde ten unha gran acollida pola sociedade galega ao ter un ton humorístico e tratar principalmente que afectan á xabaxeración. As plataformas nas que máis éxito teñen son Instagram, TikTok e Twitter.

Despois de 1.252 candidaturas, chegadas dende 19 países, por primeira vez un programa integramente en galego, consegue formar parte destes premios internacionais. Os mekemekes lograron formar parte dos cinco programas nominados a Mellor Podcast en Lingua Cooficial do Estado, xunto a producións de Catalunya Radio, Eitb e IB3. Finalmente o premio levouno Gent Normal de Catalunya Radio por abordar a saúde mental dende unha perspectiva natural e sensíbel.

Máis información do EXÉRCITO MEKEMEKE:

✔️Directorio: https://linktr.ee/mekemekearmy

✔️Facebook: https://www.facebook.com/exercitomekemeke/

✔️Instagram: https://www.instagram.com/exercitomekemeke/

✔️ Twitter: https://twitter.com/mekemekearmy

✔️ Youtube: https://www.youtube.com/@exercitomekemeke

✔️TikTok: https://www.tiktok.com/@exercitomekemeke

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions