No Día Mundial da Radio, falo con Santiago Veloso cofundador de PONTE…NAS ONDAS!. É unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estas finalidades engadíuselle no ano 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses.

"Hoxe terenmos catro puntos significativos, un en Braga na radio universitaria de Miño, outro en Caminha na radio de Afife e despois en Vigo e en Santiago de Compostela na universiade".

"A verdade é que tivemos unha auténtica avalancha de podcast cos traballos das escolas. Traballos que para nós son referentes".

"Unimos continentes con artistas de Mozambique, do Brasil, Portugal e Galicia, cunha letra que escribiron Uxía Senlle e Sergio Tannus".

O Consello Executivo da UNESCO recomendou á Conferencia Xeral no ano
2011, que se proclamase como Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, atendendo a unha proposta da Delegación de España nese organismo.

Dado que PONTE NAS ONDAS leva traballando no mundo da radio, na súa
vertente escolar, dende o ano 1995, sumámonos a esta efeméride e propoñen que as escolas celebren esta data para difundir así o modelo de Ponte…nas ondas! recoñecido pola UNESCO: educación, comunicación e patrimonio.

Xa que logo, a A.C.P Ponte…nas ondas convoca a todos os centros educativos
da eurorrexión a conmemorar a 12ª edición do Día Mundial da Radio o 13 de
febreiro do 2023 Propoñen ás escolas e institutos as seguintes actividades:

Acudir a radios municipais ou profesionais do entorno para realizar dende alí
un programa en directo.

Realización de podcasts sobre calquer apartado do Patrimonio Cultural.

Realización de podcast sobre o tema proposto pola UNESCO para este ano
2023: “Radio e paz”

Realización dun podcast de presentación da Radio da escola ou instituto
describindo a súa actividade, os seus recursos e as súas realizacións.

Programación especial do Día Mundial da Radio (directos desde Vigo, Santiago de Compostela, Allariz, As Nogais, Tui e Viana do Castelo), así como todas as pezas recibidas dos centros educativos) desde a portada da web de Escolas nas Ondas: www.escolasnasondas.com

Artistas da lusofonía celebran o recoñecemento de Ponte...nas Ondas! pola UNESCO coa gravación dun tema especial e un videoclip, todo un himno titulado “A Ponte” con colaboracións de Galicia a Brasil, pasando por Portugal e Mozambique, co bo facer de Sérgio Tannus (guitarra, percusión), Ana Senlle (pandeireta), Chico César (voz), Celina da Piedade (acordeón e voz), Cheny Wa Gune (timbila e voz) e Uxía (voz).

Se o desexades, podedes descargar tanto o vídeo como o audio de xeito independente e usalo como música nas vosas emisoras escolares.

VIDEOCLIP: https://youtu.be/w9DwcAi4DiY

ENTREVISTA sobre a proposta na UNESCO como MODELO DE BOAS PRÁCTICAS co PCI : https://www.ivoox.com/ponte-nas-ondas-proposta-na-unesco-como-modelo-audios-mp3_rf_82102569_1.html

Máis Información “PONTE NAS... ONDAS”:

✔️ Páxina Web: http://pontenasondas.org/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/pontenasondas/

✔️ Twitter: @pontenasondas

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/pontenasondasoficial/

✔️ Flickr: https://www.flickr.com/photos/32237694@N07/

✔️ Vimeo: https://vimeo.com/user894356

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/Pontenasondas

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas