Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. O 22 de novembro celébrase o Día Internacional da Música, como unha data dedicada a todos os músicos, amantes da música e en xeral todas as persoas que gozan coa música. Por eso hoxe falamos de musicoterapia.

"Hai papiros médicos exipcios do ano 1.500AC que fan referencia a utilización da música para curar a infertilidade das mulleres".

"As primeiras expresións musicais dátanse de hai 40 mil anos, estaban asociadas a ritos funerarios, a cacerias... Celebración e tristeza".

"A nivel científico a musicoterapia aparece no século XX. O oído é o sentido máis empregado e o que máis estimulos lle aporta ao cerebro".

QUE É A MUSICOTERAPIA?

Falamos do uso da música como terapia para restaurar ou mellorar a saúde da persoa satisfacendo as súas necesidades. E é que, a través desta técnica axudamos ao paciente para lograr cambios de conduta e así lograr un mellor entendemento de si mesmo e do mundo que lle rodea. Iso si, atendendo sempre á avaliación do benestar emocional e físico, o funcionamento social, a destreza en comunicación e as habilidades cognitivas mediante as respostas musicais.

Obedecendo ás necesidades do paciente establecerase un procedemento, adaptado ás súas condicións, utilizando a música e os seus compoñentes. Ademais, tamén se encargará da avaliación continua da persoa e un seguimento para comprobar os resultados.

CANDO E COMO COMEZOU?

Pois, entre 1900 e 1950, Emile Jacques Dalcroze impulsou a Musicoterapia como tal seguindo a súa teoría da relación das actividades musicais con respostas fisiolóxicas, psicolóxicas e socioculturais. Aínda que, xa fora estudado por relixiosos, filósofos e científicos anteriormente ao longo dos anos, como veremos a continuación.

Actualmente, demostrouse que a música pode beneficiar en moitos aspectos, xa que ten a capacidade de activar todas as áreas cerebrais simultaneamente.

COMEZOS DA MUSICOTERAPIA

A música ten orixe na orixe mesma da humanidade. A utilización da música como terapia ten as súas raíces na prehistoria, debido a que se sabe que a música estivo presente nos ritos máxicos, relixiosos e de curación daquela época. Con todo, os primeiros escritos que aluden á influencia da música sobre o corpo humano son os papiros exipcios, onde xa se racionaliza a utilización da música como un axente capaz de curar o corpo, acougar a mente e purificar a alma.

Iso si, foi na antiga Grecia onde se expuxeron os fundamentos científicos da Musicoterapia. En definitiva, a liña temporal da historia da Musicoterapia divídese en:

✔️ A transición á Idade Media

Destaca a idea de que a música calma as paixóns do espírito. Ademais, empézase a tomar conciencia da música como un potente instrumento educativo e os seus efectos benéficos ou maléficos explícanse en función dos modos que se utilizan.

✔️ Renacemento

Uno dos teóricos máis importantes é o flamenco Joannes Tinctoris, que escribiu respecto a os efectos que causa a música sobre o suxeito que a percibe. En España durante o Renacemento, o teórico máis importante ao redor da influencia da música no home é Bartolomeu Ramos de Parella.

✔️ Barroco

Xorde un novo estilo musical: a ópera. E, con ela, deséñase un cadro sistemático dos efectos que produce no home cada tipo de música.

✔️ Século XVIII

Empézanse a estudar os efectos da música sobre o organismo desde un punto de vista científico. Un médico descubriu que cantar prexudicaba en calquera trastorno inflamatorio dos pulmóns, pero defendía o seu uso nos enfermos de asma crónica (se cantaban os ataques espazábanse máis no tempo).

✔️ Século XX

Aquí, nesta época, xa é evidente a aplicación científica da música como terapia e contrátase a músicos para tocar nos hospitais de combatentes americanos da Primeira Guerra Mundial.

BENEFICIOS DA MUSICOTERAPIA

Como vimos dicindo, ao longo da historia da Musicoterapia hase visto que as persoas que se benefician principalmente da devandita terapia son pacientes con necesidades de saúde mental, discapacidade no desenvolvemento e aprendizaxe, enfermidades vinculadas ao envellecemento, lesións cerebrais, discapacidade física ou dores agudas. Imaxina a cantidade de persoas que podes axudar grazas a esta terapia e a túa formación!

Os efectos neuroquímicos e terapéuticos da Musicoterapia pódense dividir en:

Beneficios fisicos:

✔️ A presion sanguinea baixa

✔️ Disminúe o risco casdíaco

✔️ Mellora a respiración

✔️ Reforza o equilibrio

✔️ Relaxa a tensión muscular

Beneficios mentais:

✔️ Reduce o estrés

✔️ Favorece a socialización

✔️ Inflúe no control da depresión

✔️ Estimula a memoria

✔️ Reforza a capacidade de atención.

Por que se celebra o Día da Música o 22 de novembro?

A data do 22 de novembro conmemora a morte de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta foi retratada no século XV polos artistas da época, sempre tocando o arpa ou outros instrumentos musicais. Por iso vinculóuselle tanto a esta arte da música.

As primeiras celebracións remóntanse ao Edimburgo de 1695. Posteriormente uníronse ás celebracións países como Alemaña, España e Francia. En América Latina, foi Brasil, o país pioneiro en celebrar unha festa o 22 de novembro, comezando entre 1919 ou 1920, estendéndose posteriormente ao resto dos países iberoamericanos.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions