Andrea Mosterio é unha moza que cursa 2º de bacherelato, e a través da asociación "Na Estrada, en galego" xuntou a 30 negocios que utilizan como lingua vehicular o galego.

Hoxe fai un ano este fermoso proxecto, que nace da paixón de Andrea pola lingua galega e do interese na súa difusión, tanto por ela como por todos os negocios que a seguiron nesta andaina.

A lingua, ademáis de ser nexo de unión e de proximidade cos veciños/as da contorna, funciona como valor diferencial do negocio.

Máis información:

Facebook: https://www.facebook.com/NaEstradaengalego

Instagram: https://www.instagram.com/naes_tradaengalego/

Blog: https://naestradaengalego.blogspot.com/

Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.