Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe visibilizamos a mulleres importantes e fundamentais no eido da psicoloxía e os seus estudos ou descubrimentos.

"Cando comezas a estudar psicoloxía, todo o mundo che comeza a mencionar apelidos de persoas que foron relevantes neste eido. Involuntariamente sempre os asocias a homes".

"Realmente foi Anna Freud quen máis investigou sobre a psicoloxía dos nenos, pero sempre pensamos no seu irmán Sigmund".

"Sen o traballlo destas mulleres non se houberan obtido moitos dos avances cientificos e a psicoloxía actual non sería o mesmo".

‍⚕Brenda Miller.

Investigacións no Instituto Neurolóxico de Montreal (Canadá) e profesora do departamento de Neuroloxía e Neurocirurxía da Universidade de McGill.

Brenda é moi coñecida polo caso de H.M. Un mozo que sufrirá ataque epilépticos moi graves dende os 10 anos, e ao cal lle fixeron unha cirurxía na que lle extirparon os lóbulos temporais mediais, o que lle causou amnesia anterógrada. É dicir, deixou de poder gardar novos acontecementos na memoria a largo prazo. Sen embargo, o que descubriuMiller foi que podía continuar aprendendo novas habilidades sen recordar telo feito.

‍⚕Rosalie Raynor.

Estudou, xunto a Watson, o condicionamento a través do pequeno Albert, un neno de 9 meses ao que introducían nun laboratorio cunha rata branca. Ao principio o neno non mostraba medo ante este estímulo, pero, comezaron a introducir un golpe forte dun martelo contra unha barra de metal, para asustar ao neno. Isto fixo que pronto o simple feito de ver a rata fora suficiente para xerarlle nervios e medo ao neno. Aprendera a que ver a rata conlevaba ese son que lle producía medo.

‍⚕Mary Ainsworth.

Foi pioneira na psicoloxía do desenvolvemento. O máis coñecido na súa carreira foi o estudio da situación estraña e a súa contribución á teoría do apego. Esta teoría sempre se asocia a John Bowlby, porque foi o que comezou con ela, pero Ainsworth foi a que observou como os bebés respondían ante dúas persoas: unha coñecida e unha estraña, habendo tres estresores: meter ao neno nunha situación non coñecida, a interacción do neno cunha descoñecida e tamén as breves separación da súa nai. De ai, sacou que existían varios tipos de apego: seguro, evitativo, ansioso ambivalente e desorganizado.

‍⚕Anna Freud.

Realmente moi importante no ámbito da psicoloxía, e non so porque acompañase ao seu irmán, Sigmund Freud, senón porque introduciu a idea dos mecanismos de defensa e ampliou o interese no campo da psicoloxía infantil.

‍⚕Melanie Klein.

Xogou un papel fundamental no desenvolvemento da terapia de xogo. A través do seu traballo con menos, observou que a miúdo empregan o xogo como un dos seus principais medios de comunicación. É, polo tanto, unha forma perfecta para acceder aos pensamentos e sentimentos máis inconscientes, ansiedades e experiencias.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions