MJ Pérez celebra o aniversario do seu último disco cun novo lanzamento

Este novo single chega en forma dun remix que é unha colaboración especial con Peter Petrowski.

“A Luz Prendida” é o último disco de MJ Pérez, que viu a luz por primeira vez na 45º Festa do queixo de Arzúa (2020). Na súa vila, a cantautora presentou o que é xa o seu cuarto álbum e que agora cumple un ano.

Para celebrar e poñer o foco neste traballo, que viu truncado o seu lanzamento debido á crise sanitaria, agora MJ Pérez recupera o seu tema principal, o mesmo que dá nome ao propio álbum: A Luz Prendida, para presentalo de novo ante o público en forma de remix.

Este remix é unha colaboración especial con Peter Petrowski: creador, beatmaker e membro do coñecido grupo de rap galego Ezetaerre. Él foi o encargado de transformar a peza para potenciar esta cumbia e darlle unha segunda vida con novos arranxos e un toque máis bailable e explosivo. Trátase dun remix de cumbia con toques de electrónica, chicha e de pop, que busca unha versión alternativa e renovada do tema mantendo a esencia e o aire verbeneiro de base.

Deste xeito, MJ sorprende con algo ao que non nos ten habituados, demostrando que a súa música pode ir máis alá e que a fusión e as colaboracións aportan gran riqueza a este tipo de creacións.

Á súa vez, como non podía ser doutro xeito, esta peza ve a luz acompañada dun novo videoclip que tamén é un “remix audiovisual” e que parte do videoclip do tema orixinal. Desta volta, é a propia MJ a que se pon aos mandos da montaxe para ofrecer algo que visualmente acompaña de cheo á esencia deste novo single, xogando en todo momento coa imaxe, os efectos e a animación.

Prentende así achegar de novo ao público este último álbum que en palabras da autora “aínda ten moito que dicir”. E que goza de moi boa saúde é un feito, pois dous dos temas que alberga este disco estan nomeados a dous recoñecidos premios na Galiza: “Falan de Ti” é un dos 10 finalistas do aRi[t]mar Galiza e Portugal ( https://aritmar.gal/edicion-2021/ ) como mellor tema galego de 2020. Tamén é o caso de “Vai Embora!”, peza que é finalista dos Premios Opinión da Música de Raíz a “Mellor tema orixinal”.

Videoclip Remix AQUÍ https://www.youtube.com/watch?v=hIdV80lNJSI

Videoclip orixinal AQUÍ https://www.youtube.com/watch?v=BA9FsMtDdXY&t=0s

Entrevisa presentación do Disco https://www.ivoox.com/entrevista-mj-perez-venres-13-03-2020-salta-da-cama-audios-mp3_rf_48871473_1.html

Máis Información MJ PÉREZ:

✔️Páxina Web: http://www.mjperez.net/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/MJPerezmusic

✔️Twitter: https://twitter.com/chamanmeMJ

✔️Instagram: https://www.instagram.com/mjperez.music/?hl=en

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCu0bLWyuaXx9HowKizJzV1A

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/0UH6vXcVJPFi138xDWBIOi?si=EcrqR5aHT8mqKzkCwPCgyg&nd=1

✔️Bandcamp: https://mjperez.bandcamp.com/

Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:

✔️Páxina Web: http://seispes.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes

✔️Twitter: https://twitter.com/seispes

✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en

✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions