Cada martes falo coa Psicóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe eliminamos certos mitos e clichés que hai instaurados na nosa sociedade sobre esta profesión.

"Se comparamos con outras profesións, ou especialistas sanitarios non é caro. O que pasa é que as doenzas de saúde mental non están localizadas como un dor de estomago ou de moas".

"A psicoloxía é unha ciencia, non é unha cuestión de fé. A psicoloxía fundamenta os seus principios e os seus avances a partir da aplicación do método científico".

"Ser psicólogo non implica que teñas ningunha enfermidade mental".

MITOS e CLICHÉS

1. AO PSICÓLOGO VAN OS TOLOS

Ao psicólogo vai o que o necesita. O que coñecemos popularmente como loucura suele ter que ver co transtorno mental grave, como a esquizofrenia ou o transtorno bipolar, problemas nos cales o tratamiento de elección é farmacolóxico no psicolóxico.

2. NON CREO NOS PSICÓLOGOS

A psicoloxía é unha ciencia, non é unha cuestión de fé. A psicoloxía fundamenta os seus principios e os seus avances a partir da aplicación do método científico, ao igual que o fan outras disciplinas como a medicina ou a bioloxía.

3. OS PSICÓLOGOS PODEN LER A MENTE

Aínda que o psicólogo poida establecer hipóteses baseadas na observación, esto non significa que o psicólogo teña telepatía. Necesitan que os doentes lles conten que lles ocurre para podelos axudar.

4. OS PSICÓLOGOS ESTÁN TOLOS

Non é insensato pensar que en todo psicólogo hai un punto de tolemia. Ocorre con toda aquela persoa que ama a súa disciplina de coñecemento; aquilo que estudou e que probablemente é a súa vocación. Pero ser psicologo non implica que teñas ningunha enfermidade mental.

5. ONDE ESTÁ O DIVÁN?

Non podes ser psicólogo si non tes diván"

Para empezar: aos psicólogos non lles regalan o diván no acto de gradación. Non todos os psicólogos se adican á psicoterapia,

O diván foi moi usado polos psicanalistas por unha cuestión de tradición. Algúns psicoterapeutas actuais, sexan da corrente da psicanálise ou de calquera outra, poden decidir telo, ou non.

6. OS PSICÓLOGOS SON MOI CAROS

Este punto depende moito do país no que che atopes: en cada rexión existen uns parámetros de honorarios ao psicoterapeuta, ou a profesión está valorada mellor ou peor. Isto inflúe no que se paga por unha sesión de psicoterapia. É caro ir ao psicólogo?

Hai moitas horas investidas detrás de cada paciente, e non ven a primeira ollada e ao igual que calquer especialista necesita unha formación. Se comparamos con outras profesións, ou especialistas sanitarios non é caro. O que pasa é que as doenzas de saúde mental non están localizadas como un dor de estomago ou de moas.

En calquera caso, e sobre todo tras a crise, o certo é que hai psicólogos que poden tratarche a un prezo moi asequible. Tamén os hai que, por unha cuestión de prestixio, cobran moito máis caras as sesións. De todo hai na viña do señor, pero si de verdade necesitas terapia, o diñeiro non debería ser impedimento.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions