Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Mercedes Mariño Alonso, vicepatrona e presidenta da agrupación a pé da Cofardía de Cabo de Cruz. Mercedes escribeu unha carta aberta denunciando o machismo na cofradía.

"Temos un problema coa estructura da cofradía, porque nela prevalece a función económica do home sobre a da muller".

"A resposta dun membro da Xunta Xeral (da cofradía) foi que é un despropósito que unha muller pida as chaves para utilizar un coche".

"Os homes do colectivo do marisqueo a pé sofren as consecuencias que viñan dadas".

CARTA DUNHA MARISCADORA A PE DE CABO DE CRUZ

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER?

No 1945, a Carta das Nacións Unidas convertiuse no primeiro acordo internacional que establece o principio de igualdade entre mulleres e homes

O Día Internacional da Muller, que comezou a conmemorarse pola ONU no 1975 e dos anos máis tarde foi proclamado pola súa Asemblea, atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ó voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre os sexos.

Feminismo segundo a RAE: doutrina social favorable á muller, a quen concede capacidade e dereitos reservados antes ós homes. Movemento que esixe para as mulleres iguais dereitos que para os homes.

Machismo segundo a RAE: actitude de prepotencia dos varóns respecto das mulleres. Forma de discriminación sexista caracterizada pola prevalencia do varón.

Partido destas premisas, que a dia de hoxe se sega vilipendiando, insultando, menospreciando e discriminando a un colectivo tradicional e maioritariamente composto por mulleres un sector tan importante no concello de Boiro. como é o do marisqueo a pé resulta insultante, cando menos. Na confraría de Cabo de Cruz o sector do marisqueo a flote pisotea diariamente ó da pé mediante o sistema que ten establecido a confraría á hora da pesaxe. Aquí atopámonos co anacronismo de que os homes teñen o dereito de pesar antes cás mulleres na lona, sen ningún tipo de xustificación. Atopamos un sector (segundo o ceso das últimas eleccións), o do marisqueo a flote, formado por 91 membros ( dos cales só 15 son mulleres) fronte a un, o do marisqueo a pé, formado por 194 membros (dos cales 67 son homes) que se beneficia do labor un empregado da confraría, ó que sostemos todas/ os coa porcentaxe que deixamos na confraria dos nosos ingresos sendo o sector da pé o que proporciona arredor do 80% de ditos ingresos). que ten orde de pesarlle primeiro, e sen gardaren vez de ningún tipo, os membros do sector da flote; mentres o colectivo da pé ve como pasan por enriba del e mesmo tivo que mirar de pór a unha das súas membros na lonxa a pesar para poder adiantar traballo e asi poder traballar mais dias ó mes, xa que dependen dos horarios das mareas e hai que facer números para poder ter pesado antes da hora da subasta.

Este sistema establecese por acordo da Xunta Xeral, que é o órgano superior de goberno da confraría. En dita Xunta hai maioría do sector da flote. Cosa curiosa que o sistema electoral lle dea o mesmo número de representantes a un sector có outro, tendo en conta que un case duplica ó outro en número. Este problema deriva das leis que se van perpetuando no tempo e que non se van adaptando ás novas realidades sociais.

Non podía deixar pasar tan sinalada data sen denunciar esta discriminación e a pasividade do goberno local fronte a ela. Parece incrible que a día de hoxe este tipo de actitudes se segan permitido e se sega mirando cara a otro lado coa excusa de que é un problema de organización interna. Un problema de organización interna tamén o foi no seu día o esclavismo, o traballo dos menores, a non inexistencia de atención sanitaria laboral, o abuso dos directores e ou donos das empresas sobre os traballadores, o ter que pedirlle permiso ó marido para escolarizar ós propios fillos, recibir golpes e ter que agochar a cabeza,. e todo iso foi quedando atrás co decorrer dos anos. Mais a manifestación do más rancio machismo leva perpetuándose na nosa confraría dende ha arredor duns 25 anos e non ten visos de que cambie e, mentres, o concello e demais instancias seguen mirando para outro lado.

É dunha tristura tremenda vivir no século XXI e ter que estar sufrido este tipo de cosas día tras día, tras dia.

tras dia...

Mágoa me dan as vindeiras xeracións.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions