Esteban Folgar Brea, vive e traballa na Estrada, como profesor da materia de Comunicación e Ciencias Sociais no IES Antón Losada Diéguez, onde tamén leva a radio escolar. Non cre nas redes sociais, prefire a sidra antes que a cervexa; sae todos os días cazar pokemons, e, sempre que pode, vai pedalear na bici e bucear. 

MEIGAS é a súa primeira novela, que non o primeiro libro posto que xa ten publicado, Las Silvas de Lope de Vega e El misterio en las novelas cortas de valle inclán.

MERCAR O LIBRO: https://editorialgalaxia.gal/produto/meigas/

" A figura tradicional da meiga en Galicia non é como a da bruxa anglosaxona. Son persoas que axudan ”.

"Quería actualizar o concepto do folclore tradicional, meter esa figura do folclore tradicional nos tempos actuais ”.

"A meiga como muller sabia non é exclusiva de Galicia, nos paises de fala lusófona, tamén teñen as súas propias meigas ”.

Miguel Souto

Ademáis Esteban Folgar é licenciado en Filoloxía Hispánica, Románicas, Xornalismo e Comunicación Audiovisual, o que lle serviu para traballar como profesor de español na China e Italia, e despois impartir clases de Imaxe e Son en Vigo e A Coruña.

Esta novela, MEIGAS, está inspirada por unha canción de María Fumaça e saída en parte da potente imaxinación dos seus tres fillos.

Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. 

As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van xuntas de festa outras.

Nesta novela coñecerás a Xiana, unha rapaza de 16 anos, neta de meiga, que se vai presentar ás probas de selección para tamén se converter en meiga e ocupar un dos postos no aquelarre. Pero xunto a ela hai máis candidatas que queren o mesmo, e só hai dúas prazas!.

Máis Información EDITORIAL GALAXIA:

✔️Páxina Web: https://editorialgalaxia.gal/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/falamos.delibros

✔️Twitter: https://twitter.com/EdGalaxia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/galaxiaeditorial/?hl=en

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter:  https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions