Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos Mariah Carey e algún truco para afrontar o inicio temperán do Nadal

"Non é sinxelo atopar o equilibrio entre o querer vender en Nadal e querer comunicar e xerar contido de valor para os nosos usuarios".

"Xa non se fala dese venres negro, senón que agora falamos de semanas negras ou mesmo de mes negro".

" A redución no gasto durante o Black Friday e o Nadal, leva ás empresas a adaptar as súas estratexias para atraer a un público máis selectivo neste novo escenario no que a publicidade dixital convértese en esencial".

Estrear o mes de novembro significa que atravesamos unha barreira invisible. E non coma un espírito chegando do máis alá na noite de Samaín, senón publicitariamente falando. Rematamos unha celebración e xa damos pasa a outra, malia que queda case mes e medio para que o espírito do Nadal nos invada por completo, xa hai quen deu o pistoletazo de saída á campaña navideña.

E desta volta non me refiro Abel Caballero quen estreou o Nadal, senón a súa gran competidora: Mariah Carey. O pasado mércores 1 de novembro, aínda con teas de araña e cabazas terroríficas nas nosas casas, a cantante lanzaba un TikTok e un Reels rompendo o xeo e anunciando que “It’s time”. Que chegou a hora. A hora na que a cantante e as marcas comezan a facerse de ouro. E nesta forma de facer caixa dende novembro, Internet e as redes sociais teñen moito que ver. Por exemplo, a propia Mariah Carey xa é partícipe dunha campaña en redes sociais, neste caso Instagram, dunha colección especial de roupa de Nadal de Victoria’s Secret.

✔️Os datos que avalan este adianto do Nadal

Segundo o informe Consumo e tendencias en Nadal de Kantar Worldpanel, os
consumidores gastamos, de media, un 12% máis por acto de compra durante esta época festiva e, ademais, o 40% probamos novas marcas grazas ás promocións. Ante as boas perspectivas de consumo, ao final, a tendencia é a de anticipar as compras.

De feito, este mesmo informe sinala que as compras de Nadal xa comezan a finais de setembro, aínda que logo alcancen o seu máximo punto en nas semanas de Noiteboa e Noite Vella. Pero non só iso, non é tan só unha estratexia destinada a este mes e medio de campaña, senón o empeño das marcas por adiantar o Nadal, vai moito máis alá: adiantarse nas compras axuda a posicionarse na mente do consumidor e, en consecuencia, axuda a
crear un impulso positivo para o resto da tempada.

Por outra banda, tamén está claro que se se adianta esta campaña, o Black Friday tamén o fai. Xa non se fala dese venres negro, senón que agora falamos de semanas negras ou mesmo de mes negro

✔️ Pero como é isto de que axuda a posicionarse na mente do consumidor?

Aquí entra en xogo o termo “dayketing”, unha estratexia de marketing mediante a que as empresas adaptan as súas técnicas de comunicación a conceptos relacionados con días específicos que teñan influencia na sociedade e con motivo de aumentar a rentabilidade das accións comerciais.
E así que as tendas de alimentación ou grandes establecementos crean de forma artificial -ou a destempo- un ambiente, a través de luces, olores, decoración, de maneira que incentiva o consumo duns produtos que non son de tempada, pero que a través disto se pode crear un hábito de compra.

✔️ A publicidade móbil convírtese en necesaria para o Nadal e o Black Friday

Medios como Puro Marketing, indican que ante o aumento do prezo dos produtos e servizos, prevese unha redución no gasto durante o Black Friday e o Nadal, o que leva ás empresas a adaptar as súas estratexias para atraer a un público máis selectivo neste novo escenario no que a publicidade dixital se converte en esencial.

Esta selección das marcas da publicidade dixital débese a que é unha modalidade que permite un enfoque personalizado, en tempo real, eficiente, ademais de que a rede é o medio no que se espera que se concentren as buscas e boa parte das compras. De feito, as empresas cada vez invirten máis neste tipo de publicidade, representando o 56,4% da publicidade dixital no 2023, segundo os informes AIMC de IAB Spain.

A publicidade en redes sociais vainos permitir segmentar o noso público segundo a localización, intereses e características; tamén nos vai deixar crear experiencias inmersivas, atractivas e que favorecen ese vínculo directo e instantáneo cos usuarios; ademais de que as diferentes plataformas de anuncios vannos permitir facer unha análise de métricas para coñecer se os obxectivos que marcamos se están a cumprir.

Claves para triunfar na rede coas campañas de Nadal

Non é sinxelo atopar o equilibrio entre o querer vender en Nadal e querer comunicar e xerar contido de valor para os nosos usuarios. Ao final estamos xogando e mercantilizando unha data que está comezando a perder o seu significado orixinal, pero imos dar unhas claves para tentalo facer da mellor maneira posible.

1️⃣ Priorizar o contido relevante. Debemos ter en conta dúas cousas. A primeira, que estamos expostos a unha cantidade inxente de contido en redes sociais e, máis aínda, se se trata de datas sinaladas coma esta. Por outro lado, tamén nestas festividades, os usuarios, por norma xeral, están máis desconectados na rede. Por iso, debe facer contido relevante e de valor para atraer a eses usuarios cando si están online. Para os comercios está ben crear publicacións centradas en ofertas irresistibles pero tamén é típico e tópico desta época compartir as historias humanas que hai detrás da marca.

2️⃣ Prepárate para recibir as cartas dos Reis. Medios especializados como Hubspot estiman que nestas campañas tan fortes, de media, os comercios reciben nas súas redes un 18% máis de mensaxes por mes. Por iso, deberíamos ter a capacidade de responderlles e atender ás súas demandas para que non caian no olvido.

3️⃣ Ás veces, menos é máis. Non hai un dato exacto sobre a mellor frecuencia de publicación en redes sociais, pero hai algo que si é certo: temos que ofrecer o contido cunha frecuencia e calidade que poidamos manter no tempo. Se isto se aplica ao Nadal, é mellor reducir a cantidade de publicacións que ofrecemos á nosa audiencia pero que sexan un valor máis relevante para esta. Porque, como mencionamos, estamos máis desconectados.

4️⃣ Mostra agradecemento. Sempre é vital mostrar gratitude aos consumidores e máis aínda se se trata do Nadal, esa época na que todos estamos tan sentimentais e lle damos máis valor a todo o que nos rodea. Podemos mostrar este agradecemento cun correo electrónico personalizado ou mesmo cun desconto exclusivo. Aquí volve a entrar en xogo a humanización da marca, o trato cercano e o mostrar quen está detrás desa oferta ou desa promoción navideña. En definitiva, unha das vantaxes que nos ofrece esta “gratitude” é que se fomenta a lealdade co cliente.

En definitiva, aínda que é lóxico sacarlle partido ás campañas de vendas tan fortes como o Nadal e que debemos ter algún que outro truco para arrasar en redes sociais nesta época -e en calquera outro momento do ano- tamén deberíamos reflexionar, como consumidores e como marcas, sobre a excesiva mercantilización á que se están sometendo datas sinaladas e que, quizais, están perdendo o significado orixinal.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions