O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico organizou unha xornada co nome "AVANZANDO NO EMPRENDEMENTO VERDE DAS MULLERES", (Ver o evento ligazón ) Co fin de visibilizar a emprendedoras verdes e os mecanismos existentes para avanzar este emprendemento en España, con especial interese polo medio rural.

Nestas xornadas participou Mar Blanco da cooperativa estradense CAMIÑO CIRCULAR, unha cooperativa creada para sumar sinerxías para dinamizar o rural a nivel social, artístico, ambiental e local. Definínense en base a cinco camiños que teñen como destino un obxectivo común: o desenvolvemento sostible, saudable e solidario do noso rural, das nosas comunidades e de toda a contorna.

Con este espíritu e continuando coa súa liña de acción CAMIÑO CIRCULAR organiza uns obradoiros para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Un obradoiro que mestura a poesía xunto co coidado da terra a través da reciclaxe creativa.

Os participantes construirán instrumentos con materiais reciclados, e empregarán estes instrumentos, así como obxectos recollidos da contorna para poñerlle son a diferentes poemas de Xela Arias. O resultado serán poemas sonorizados que se recitarán ao final do obradoiro, para así combinar poesía e reciclaxe dunha maneira novidosa!!

O obradoiro está aberto a familias e nenos/as de tódalas idades, de xeito que pretende ser un lugar de intercambio interxeracional no que os máis maiores poden disfrutar cos nenos, axudando tamén na elaboración dos instrumentos e na lectura dos poemas.

"O obxetivo das xornadas foi coñecer a problemática que temos as mulleres emprendedoras no entorno rural".

"Nos demos a coñecer a situación das mulleres empredendoras no rural galego, presentamos o noso proxecto e demostramos a viabilidade do rural, destacando todas as trabas burocraticas que teñen as persoas que emprenden".

"Para celebrar o día das letras galegas puxemos en marcha un obradoiro interxeracional, que se chama COIDANDO A TERRA , onde vamos a mesturar a poesía de Xela Arias e o coidado da terra a través da reciclaxe creativa".

VER A XORDANA: https://www.youtube.com/watch?v=h8w62DcccoA

Máis Información CAMIÑO CIRCULAR:

✔️Páxina Web: https://caminocircular.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/camino.circular

✔️Instagram: https://www.instagram.com/caminocircularcoop/

✔️Teléfono: +34687288566

✔️Correo: [email protected]

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions