Manuel Sanmartín Chao, xefe de bombeiros de Santiago de Compostela. O servizo de extinción de incendios e salvamento do concello de Santiago é un servizo municipal que atende ás emerxencias propias das súas competencias dentro do territorio do concello.

"Acudimos a moitos domicilios onde viven persoas con pouca movilidade".

"O ano pasado reducíronse moitisimo os accidentes de tráfico, pero agora estamos volvendo a estatísticas anteriores ao confinamento ".

"Os incendios en cociñas, debido a despites mentras se fai a comida, son moi habituais".

"A prevención é moi importante, nos participamos en colexios e edificios públicos, participando en simulacros e dando consellos e ademáis tamén damos formación no parque de bombeiros".

Presta auxilio nos sinistros ou emerxencia, participando nos seguintes sucesos:

- Extinción de incendios.

- Achiques de auga.

- Rescate de persoas en accidentes de tráfico.

- Escapes de gas.

- Desconexións de alarmas.

- Retirada de obxectos perigosos da vía pública.

- Apertura de portas.

- Asemade, realiza actividades tendentes á prevención e orientación para actuacións no caso de producirse sinistros ou emerxencias do ámbito da súa competencia: imparten charlas sobre prevención de incendios e fan simulacros de evacuación en colexios e equipamentos colectivos.

✔️Facebook: https://www.facebook.com/Bombeiros-Santiago-de-Compostela-101571024857968/

✔️Instagram: https://www.instagram.com/bombeiros_santiago_compostela/

✔️Twitter: https://twitter.com/BombeirosSCQ

✔️Correo: [email protected]

✔️Teléfono: +34981542444 / 080 (emerxencias)

✔️Fax: 981 542 450

✔️Dirección: Avenida de Rodríguez de Viguri, 45. Santiago de Compostela

Twitter Mentions