O Director Xeral de SEPES (Entidad Estatal del Suelo) e presidente da sociedade “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Fidel Vázquez,
visitou xunto ao alcalde de Cuntis, Manuel Campos, as instalacións da Fundiciones Rey no polígono de A Ran para comentar directamente cos responsables da empresa o importante avance que supón tanto para a área industrial como para a empresa o convenio asinado esta semana con SEA e Zona Franca. A empresa, que desde hai xa algúns anos descartou outros emplazamentos para a súa expansión nunha decidida aposta por Cuntis, seguía moi de cerca os avances entre as administracións implicadas.

"O desenvolvemento do polígono da Ran é moi importante para o desenvolvemento de Cuntis. Vai a ser un antes e un despois para o noso pobo".

"Ao longo da tramitación administrativa xurdeu o interés de empresas para instalarse no Polígono industrial da Ran. Dende o concello procuramos darlle facilidades para que se poidan instalar".

"Estamos falando de máis de 5 millóns de euros que se van a invertir en Cuntis, que son moi importantes para Cuntis e para toda a comarca".

Fidel Vázquez e Manuel Campos tiveron ocasión de intercambiar impresións co responsable da división comercial de Fundiciones Rey e a súa filial en Cuntis, Rey Bronze Castings, Elías Cochón Rey, que felicitou ao alcalde polo seu tesón e constancia para sacar adiante un proxecto que a pesar da súa demora chega nun momento con alta demanda de solo industrial, e no que importantes empresas da contorna manteñen a súa intención de asentarse en A Ran para consolidar a súa expansión.

Durante a súa visita Fidel Vázquez e Manuel Campos tiveron ocasión de coñecer os avances en investigación nos que dende hai meses está inmersa a filial cuntiense de Fundiciones Rey, un ambicioso estudo centrado en buscar a producción de silicio de calidade con baixo impacto ambiental. Un proxecto impulsado polas tres universidades galegas xunto a centros de investigación europeos e empresas nacionais e internacionais.

El Plan de Sectorización, que esta semana veu a luz e que foi aprobado xa no 2013, actuará sobre unha superficie de 325.635 metros cadrados, dos que se destinarían a industria un total de 200.397 e a equipamentos 78.265. A execución realizarase nunha soa etapa e a cifra de investimento, que compartirán SEA e Consorcio da Zona Franca a partes iguais, ascenderá a cerca de 5 millóns de euros, divididos na redacción dos proxectos; na expropiación dos bens e dereitos afectados e as obras de urbanización.

Fundiciones Rey é unha das empresas interesadas en ampliar as súas instalacións no polígono de A Ran, unida a Metalúrxica Pazos e outras firmas de referencia no sector industrial que ven nesta área industrial a localización idónea para os seus intereses empresariais.

Máis Información CONCELLO DE CUNTIS:

✔️Páxina Web: https://concellodecuntis.org/es-es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/concellodecvntis/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCGA_Z3JwcdMp5iS3UsF6eiw

Máis Información TURISMO DE CUNTIS:

✔️Páxina Web: https://turismodecuntis.gal//es-es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/turismodecvntis

✔️Twitter: @turismocvntis

✔️Instagram: https://www.instagram.com/turismocvntis/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCfZtHlnXSDGunfQGB_p9gOA

Máis Información DESTINO CUNTIS:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/destinocvntis/?ref=py_c

✔️Twitter: @destinocvntis?lang=gl

✔️Instagram: https://www.instagram.com/destinocvntis/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas