A asociación RAPA DAS BESTAS convídanos ao MUSA 2022

O MUSA é unha celebración anual que se celebra en Sabucedo adicada 3 actividades principais:

Muiñada
Magosto
Samaín

Con esta cita, as agrupacións organizadoras, Rapa das Bestas e a Asociación Veciñal, pon en valor as raíces e tradicións do pobo, ao tempo que reivindican o respecto polo medio ambiente e o mundo rural.

"No MUSA hai obradoiros, andainas, demostracións gatronómicas, cultura, festa, recollida de castañas e cogumelos. Queremos poñer en valor as nosas tradicións".

"Este ano, coa procesión da Santa Compaña, estréase a carreta da morte".

"É un honor que Sabucedo acolla a preestrea da película "As bestas" coa presenza do seu director, Rodrigo Sorogoyen e poder contar coas actuacións de Quico Cadaval e cos grupos musicais que nos van a acompañar".

Programa MUSA 2022

Venres 28 de outubro

20:00 h. PROXECCIÓN da película “AS BESTAS” de Rodrigo Sorogoyen na carpa do Campo do medio (acceso só con invitación)
Sábado 29 de outubro

09.45 h. MARCHA COMENTADA da RUTA DE SABUCEDO. Saída dende o curro novo. 10 km de carballeiras, sendeiros do río, muíños, curro vello e igrexa, o pobo, a exposición exterior da Rapa, os castiñeiros, as bestas, os petróglifos, as fontes,… a natureza. Recollida de cogomelos e castañas.

12.00 h. Apertura do MERCADIÑO DE OUTONO e da Exposición “SABUCEDO NA MEMORIA”.

12.30 h. Inicio do II CONCURSO INFANTIL “COÑECENDO O MEU POBO” con agasallos para os participantes. Bases na web da Rapa.

12.30 h. Inicio dos OBRADOIROS DE PAN, FILLOAS e COGOMELOS.

13.00 h. XUNTANZA NO MUÍÑO do Mestre. Visita guiada coa serra, o muíño, e o forno funcionando.

13.15 h. DEGUSTACIÓN DE SIDRA da Estrada. APERITIVO MUSICAL a cargo do grupo AIRIÑOS DE CALDELAS.

14.30 h. XANTAR (na carpa do Campo do Medio) con produtos da Terra de Montes.

16.00 h. SOBREMESA MUSICAL “SABUCEDO TAMÉN CANTA”.

16.30 h. OBRADOIRO DO SAMAIN para nenos ata 95 anos: Calacús, vestimentas, maquillaxe.

16.30 h. OBRADOIROS DE PAN, FILLOAS E COGOMELOS recollidas durante a ruta.

17.00 h. ENTREGA DE PREMIOS do II Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”.

18.00 h. MOSTRA-DEGUSTACIÓN da Cociña de Proximidade a cargo de Javier Agrelo de BIOFRUITS GALICIA de ancorados (A Estrada).

19.30 h. Saída da PROCESIÓN DA SANTA COMPAÑA.

20.30 h. NOITE DO SAMAIN. MAGOSTO a carón do Teleclube.

21:30 h. MONÓLOGO a cargo de QUICO CADAVAL.

23.00 h. CONCERTO a cargo de SON DAS TABERNAS
RESERVAS XANTAR: 684 126 649 (Fátima)

INFORMACIÓN: 639 105 098 (Manuel)

Concurso "Coñecendo o meu pobo"

Con este concurso-xogo, preténdese que mediante a observación, e sobre todo, coa interacción cos veciños e veciñas de Sabucedo, os nenas e as nenas, coñezan a toponimia e a vida cotiá que xiraba en torno o río, o muiño, a moenda e o cultivo e aproveitamento do millo.

BASES DO CONCURSO

O concurso farase mediante equipos que reunirán os seguintes requisitos:

O número de integrantes será dun máximo de 4 , e dun mínimo de 3.

Os equipos deberán ser mixtos, nenos e nenas
En cada equipo haberá , alomenos, un/unha integrante con idade comprendida entre os 9 e os 13 anos, e outro menor de 8 anos.

Cada equipo rexistrarase cun nome, e os nenos e nenas que o integran. A cada equipo poráselle un número.

Os equipos poderán rexistrarse no muiño ata ás 12:00.

O concurso desenvolverase entre as 12.30 (entrega do material), e as 16:30, hora na que presentarán os resultados do traballo realizado. A entrega de diplomas, premios e agasallos, será ás 17:00

A organización dotará a cada equipo do material preciso para o desenvolvemento da actividade.

Reservar xantar:

☎️ (+34) 684126649 (Fatima)

Máis Información RAPA DAS BESTAS:

✔️Páxina Web: https://rapadasbestas.gal/?lang=es

✔️Facebook: https://www.facebook.com/RapaDasBestas

✔️Twitter: https://twitter.com/Rapa_Sabucedo

✔️Instagram: https://www.instagram.com/rapadasbestas/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCCip3EQDQXWopGOl2NaB_Pg

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions