A Asociación de Hosteleiros da Estrada reactiva a súa actividade coa celebración gastronómica máis importante da Estrada. A Festa do Salmón.

Este ano unha Festa do Salmón en formato reducido.

Todos estes locais servirán tapas de salmón o venres 14 de Maio en horario de 20.00 a 23.00 horas e o sábado 15 e domingo 16 de 12.30 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas.

LOCAIS PARTICIPANTES: Eureka / Enredo / Mesón da Estrada / Os Peares / O Paseo / Vasán / Nicol´s / Samaná / O Candil / O Bodegón / Oasis / Navegación / La Bombilla / 20 Berzas / Taberna da Feira / Café de Xulia / O Lar / Velis Nolis / Malo Será / As Tres Portiñas

Cada tapa custará dous euros e terá que pasar a supervisión dun xurado da Escola de Hostalería de Pontevedra, que fará unha cata previa e ofrecerá asesoramento para ofrecer a mellor versión posible de cada unha das receitas.

Ademais da degustación, os asistentes tamén poderán gozar de actuacións musicais e demais actividades.

DOMINGO 16 / 12.30 h / TEATRO PRINCIPAL

Concerto do Salmón a cargo da Coral Polifónica Estradense

DOMINGO 16 / 20.00 h / PRAZA DO CONCELLO

DE VACAS en concerto

LUNS 17 / 12.00 h / ALAMEDA MUNICIPAL

Pregón das Letras Galegas a cargo do escritor Antonio García Teijeiro, coa participación da Banda de Gaitas de Barbude

LUNS 17 / 13.00 h / PRAZA DO CONCELLO

Concerto do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

LUNS 17 / 19.00 h / PRAZA DO CONCELLO

Concerto da Banda de Música Municipal da Estrada

"A xente ten que ter a seguridade de que todo o mundo cumpre as medidas e ademáis na Estrada só ten un caso de Covid-19".

"Aínda que a normalidade non é absoluta, polo menos imos tendo sensación de calma".

"A ver se o tempo nos axuda, son tres días para estar ben e disfrutar das sabrosas tapas do salmón".

Máis Información:

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Hosteleiros-da-Estrada-1290552527750670

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions