Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos das malas prácticas en redes sociais: do uso responsable ao uso útil.

As redes sociais son unha parte integral das nosas vidas, tanto a nivel usuario como profesional e é algo que avala cada ano o informe Digital. Os resultados deste estudo do 2024 afirma que máis do 62% da poboación mundial está activa en redes sociais e que, ademais, están nunha media de case sete plataformas sociais diferentes. Estes datos déixannos ver que son unha ferramenta de comunicación moi importante, á que todos temos acceso pero na que debemos ser conscientes co seu potencial e darlle un uso responsable e útil.

"Nos últimos anos, as firmas aproveitan a crecente demanda de consumidores que buscan apoiar a empresas comprometidas con diferentes causas sociais".

"A difusión de información falsa ou errónea é unha das prácticas máis problemáticas nas redes sociais".

"Non deberíamos seguir a usuarios de forma masiva para gañar seguidores".

O uso responsable: os lavados de cara

Por un lado, debemos ser conscientes de que non todo vale en redes sociais. Cando nos atopamos con datas ou eventos nos que se pretende reivindicar ou dar foco a unha causa concreta, non deberíamos meter o pé se non a apoiamos todos os días do ano ou se non é coerente coa nosa liña corporativa e de comunicación. Estamos a falar, en definitiva, de prácticas como o purplewashing, o pinkwashing ou o greenwashing.

O purplewashing é unha práctica na que as empresas empregan o feminismo ou a igualdade de xénero como unha estratexia de marketing sen respaldar realmente esas causas en prácticas reais.

Nos últimos anos, esta práctica cada vez é máis frecuente, xa que as firmas aproveitan a crecente demanda de consumidores que buscan apoiar a empresas comprometidas con diferentes causas sociais. E como realizan este purplewashing en redes sociais? Con promocións ou descontos exclusivos para mulleres, con sorteos con motivo do Día da Muller ou do Día contra a Violencia Machista ou con publicacións en relación ao día.

O pinkwashing vai na liña. O termo refírese ás estratexias de marketing, políticas ou de comunicación que se empregan no contexto dos dereitos LGBT, aínda que orixinalmente empregouse para ese tipo de prácticas en relación ao Día do Cancro de mama. E, por último, o greenwashing, fai referencia a esa apariencia das empresas de ser respectuosas co medio ambiente pero que, realmente, non o son

O uso responsable: a desinformación

A difusión de información falsa ou errónea é unha das prácticas máis problemáticas nas redes sociais. Cando os usuarios comparten noticias falsas, rumores ou datos enganosos, poden causar confusión e manipulación entre o público. Este fenómeno é especialmente preocupante, pois pode influír na opinión pública e nas decisións das persoas baseadas en información incorrecta.

A desinformación pode manifestarse de diferentes formas, desde noticias inventadas ata imaxes manipuladas ou datos distorsionados. A través das redes sociais, esta información pode espallarse rapidamente e alcanzar a un gran número de persoas antes de que se poida corrixir ou desmentir.

Para combater a desinformación, é importante que os usuarios sexamos críticos coa información que atopamos en liña. Ao final, é fundamental verificar a fiabilidade das fontes, comprobar a veracidade dos datos e estar atentos a posibles sinais de manipulación ou engano. Ademais, as plataformas de redes sociais tamén teñen a responsabilidade de tomar medidas para reducir a propagación de desinformación e promover a información precisa e fiable entre os seus usuarios.

O uso útil: evitar o uso demasiados hashtags

O premisa de menos é máis, tamén se debería aplicar en redes. En ocasións tendemos a empregar moitos hashtags por inercia ou coa esperanza de chegar a moitos máis usuarios, pero nada que ver. Por exemplo, en Instagram hai certos cancelos que se encheron de contido indesexado que, de
usalos, restaranos visibilidade e aplicarásenos o que se coñece como shadowban. Isto é, a penalización da nosa conta de forma que o noso contido non se mostra ao público pero non se nos notifica de xeito explícito que fomos penalizados.

Como evitar esta penalización? O mellor que podemos facer é analizar en profundidade os cancelos que imos empregar e, por suposto, buscar primeiros estas palabras chave na rede social para comprobar se están operativos ou non.

O uso útil: non facer un copia e pega

Non deberíamos publicar o mesmo contido en todas as redes. Non sempre vai ser fácil facer publicacións diferenciadas para todas as redes sociais pero deberíamos ter en conta o público ao que nos estamos dirixindo en cada soporte e, por suposto, o formato preferido por cada unha das redes sociais, xa que isto marcará pequenas diferenzas.

E, en relación a isto, sempre que compartamos contidos dunha rede noutra, que teña sentido e que non sexa de forma automatizada, xa que os nomes dos usuarios, as etiquetas e o estilo comunicativo vai ser diferente para cada unha delas.

O uso útil: non ao spam

En primeiro lugar, non deberíamos seguir a usuarios de forma masiva para gañar seguidores. E isto, ten dúas razóns de ser: a primeira, porque as plataformas nos poden penalizar e bloquearnos e, a segunda, porque non imos conseguir seguidores de calidade, que debería ser un obxectivo
primordial para a nosa marca. E, en relación a esta práctica, sobra dicir que a compra de seguidores non é algo ético.

Tamén en relación ao spam, o exceso de autopromoción tampouco é unha boa práctica. A publicación constante de contido promocional sen ofrecer ningún tipo de valor engadido pode desencadear na perda de seguidores e reducir a crebidilidade en liña.

Estos son só algúns dos pequenos xestos que debemos mudar para ter unha comunicación de dez nas nosas redes sociais, sendo éticos, respectuosos e facendo un uso útil delas.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions