Branded content: o formato de publicidade que máis crece na rede Xa non é suficiente con que a publicidade en liña mostre un produto sen máis. Os internautas rexeitan as campañas intrusivas e repetitivas e agora piden que esta sexa informativa e que capte a nosa atención. Así o reflicte o estudo de IAB Spain sobre Branded Content 2021.

Lorena Penas da empresa Actualizados Comunicación explícanos como facelo de xeito efectivo.

"Xa non é suficiente coa publicidade convencional, na rede hai moitisima competencia e temos que dar un pasiño máis alá, sendo creativos".

"O Branded Content fai referencia a unha publiciadade menos invasiva, repetitiva e molesta".

"O 65% dos profesionais do sector cren que crecerá máis en comparación con outros tipos de publicidade
en liña".

O termo branded content fai referencia a unha estratexia de inbound márketing ou márketing de contidos e dá resposta a esta demanda crecente da poboación dunha publicidade menos invasiva, repetitiva e molesta. A través desta, búscase xerar contido de calidade relacionado co noso negocio. Pero non calquera contido, senón aquel que conecte a audiencia coa marca, co que se mostre quen somos e que tamén lle dea resposta ás necesidades dos usuarios.

Algunhas das súas características

1️⃣ Céntrase na filosofía corporativa. Ao contrario da publicidade convencional, o branded content non trata de vender directamente produtos e servizos, senón que prioriza ensinar os valores que caracterizan a marca.

2️⃣ Apela ás emocións. Unha das maneiras máis populares para conectar coa audiencia seguen sendo as emocións. Ao final, ofrecer un argumento emotivo co que sintamos representados ou empaticemos pode ser moito máis efectivo que dar un argumento racional.

3️⃣ Storytelling. E, das emocións, chégase ao relato. O branded content, a medida que mostra os valores corporativos, nárranos unha historia entrañable.

4️⃣ Valor engadido. A pesar de ser publicidade, non é percibido como intrusivo, senón que chega a achegar valor engadido á experiencia do usuario.

5️⃣ Múltiples formatos. Pode presentarse en diferentes formatos e soportes: vídeos en Youtube, un pódcast, diferentes creatividades, etc.

Deste xeito, pódese conseguir unha maior notoriedade e afinidade. Ademais, é considerado como un formato máis orixinal, creativo e divertido que un anuncio tradicional no que se nos ensina un servizo ou produto dunha firma. Pero, que tipo de vantaxes achéganos?

Os beneficios do Branded Content

Profesionais do sector recomendan o branded content para fortalecer a marca fronte a outras tipoloxías de publicidade xa que:

O seu nivel de aceptación. Non só consegue captar a nosa atención por ser unha forma máis amena e inspiradora de publicidade, senón que as súas
características fan que o nivel de aceptación entre o público sexa maior fronte a outros tipos de publicidade.

Un alcance superior. O seu aire innovador, orixinalidade e inspiración fan que se considere diferente, o que fomenta o interese e compromiso polo contido xerado. As visualizacións e as accións que incrementan a notoriedade, como comentar o anuncio con outra persoa ou compartilo a través de redes sociais, son maiores.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions