Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.

Introducir as redes sociais nunha estratexia de márketing sempre vai ser un acerto, pero debemos ter coidado con que contido utilizamos e como o utilizamos. Un valor engadido sempre será compartir o noso propio material, aínda que non sempre nos resultará posible. Para estas ocasións nas que recorramos a traballos alleos, deixámosche algúns aspectos que debes revisar para non incorrer en ningún problema relacionado cos dereitos de autor que poida prexudicar a túa campaña dixital.

"Non nós podemos apropiar de traballos alleos para promocionar o noso producto, o mellor é publicar fotos propias".

"Sempre que compartimos publicacións ou noticias debemos nomear ao autor/a".

"Os filtros de búsqueda en internet son unha boa ferramenta que nós axudan a buscar fotos apropiadas para as nosas publicacións".

Consellos para realizar as nosas publicacións:

1️⃣ REVISAR A LICENCIA.

Por exemplo, unha imaxe que queremos utilizar, para saber que podemos facer con ela. Deste xeito, poderémonos atopar con obras con:

2️⃣ COPYRIGHT.

que non poderemos utilizar sen o consentimento expreso do seu autor ou creacións de dominio público que, tal como a súa denominación suxire, pódense distribuír, utilizar e adaptar sen recoñecer a autoridade e co fin que se desexe.

3️⃣ CREATIVE COMMONS

Refírese a licenzas que permiten ao autor dun contido decidir como quere que se difunda. Diferéncianse seis tipos que combinan catro aspectos: o recoñecemento da autoría, a posibilidade do seu uso comercial, a creación de obras derivadas da orixinal e a difusión baixo a mesma licenza.

4️⃣ BANCOS DE IMAXES.

Deste xeito, se non podes realizar as túas propias fotografías ou non dispós dos recursos necesarios para levar a cabo esa instantánea que tanto che gustaría: non te preocupes, os bancos de imaxes chegaron para salvarche. Ben sexan plataformas gratuítas ou de pago, existen innumerables recursos como Pixabay, Freepik, iStock ou Getty Images que che facilitarán en traballo
de buscar e rebuscar que tipo de licenza protexe a estes contidos. (ver ligazóns ).

5️⃣ FILTROS NO BUSCADOR.

Os buscadores permítennos facer procuras baixo certos
parámetros e, entre eles, atópanse os dereitos de uso, polo que se introducimos os filtros adecuados, poderás atopar material e utilizalo sen preocupacións.

6️⃣ COMPARTIR PUBLICACIÓNS.

Como se adoita dicir, compartir é vivir e as redes sociais están pensadas para facelo. Un retuit dun tweet que nos encantou, publicar nas nosas stories unha publicación dun creador, enviarlle aos nosos amigos o último meme publicado por un perfil de humor, publicar no noso muro de Facebook unha noticia publicada nunha páxina, etc. Hai moitas posibilidades! En definitiva, clicando no botón de compartir é a maneira adecuada de publicar contido alleo nos nosos perfís. E, basta dicir, que sempre debemos citar ao autor.

Con todo, é certo que existen aplicacións de “ repost” que nos permiten publicar a imaxe de terceiros no noso perfil. O ideal é que, se recorremos a este tipo de aplicacións, pidamos a autorización do usuario para publicar o contido no noso perfil e, como é obvio, citemos ao autor e non alteremos o contido orixinal.

Bancos de IMAXES:

✔️ Pixabay: https://pixabay.com/es/images/search/

✔️ Freepik: https://www.freepik.es/

✔️ iStock: https://www.istockphoto.com/es

✔️ Getty Images: https://www.gettyimages.es/

QUE É O COPYWRITE E O COPY?: https://www.ivoox.com/lorena-penas-actualizados-comunicacion-hoxe-que-e-o-audios-mp3_rf_70439746_1.html

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions