Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.

Hoxe falamos da utilización do MARKETING DE INFLUENCERS:

"O alcance das publicacións é moi importante para a contratación de influencers".

"As empresas contan con influencers para ser creibles e ter un forte posicionamento".

"Dende o 1 de xaneiro entrou en vigor o código de conducta dos influencers nas redes".

Sendo transparentes e honestos, as vantaxes que nos pode reportar esta tipoloxía de márketing son moitas e moi variadas.

1️⃣Micro-segmentación. En primeiro lugar, permítenos xogar cunha segmentación avanzada, xa que adoita haber unha correlación entre os produtos que vende unha marca e a conta ou usuario que os inclúe no seu contido. É dicir, un influencer cunha liña temática de nutrición, será obxecto de desexo de marcas de diferentes produtos alimenticios ou utensilios de cociña. Por tanto, tamén nos diriximos a un público moi concreto.

2️⃣Credibilidade. A través dun creador de contidos podemos mostrar os produtos da nosa casa dunha maneira máis amigable xa que, nun principio, os centos (ou miles) de usuarios que o seguen confían na súa opinión e por iso, tamén achega credibilidade.

3️⃣Notoriedade. Traballar cun creador de contido respectado e recoñecido fará que o valor da túa marca aumente, aínda que non sexa o teu principal obxectivo.

4️⃣Aumento de vendas. En relación á credibilidade, se esta aumenta, en xeral tamén o farán as vendas. Unha boa reputación de marca fará que os teus clientes potenciais confíen en ti.

Así que, desde un punto de vista empresarial, se queremos aproveitarnos das vantaxes do márketing de influencers, debemos ser éticos e primar a publicidade veraz, legal e respectuosa co consumidor.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions