Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.

Hoxe falamos do PINTEREST unha rede que está á alza.

A historia de Pinterest arrincou timidamente no 2009 a mans de Ben Silbermann, Paul Sciarra e Evan Sharp, como unha aplicación para a empresa Cold Brew Labs co obxectivo de crear un catálogo virtual de moda feminina para usuarios de dispositivos iPhone. Ao ver o potencial da aplicación, pronto lanzaron unha versión beta e, tan só dous anos máis tarde serían distinguidos pola revista Time como unha das 50 mellores páxinas web dese ano. E, actualmente conta con máis de 400 millóns de usuarios mensuais en todo o mundo

"As empresas e os pequenos comeciantes teñen que ter en conta que Pinterest tamén pode ser unha boa ferramenta para a súa publicidade".

"A organización de Pinterest é unha ferramenta moi interesante, non só para atopar productos senón tamén para atopar inspiración, tendencias...".

"Pinterest é unha rede que non ten nada que ver coas outras, non hai tanto ruído e non da tantos problemas".

Non son bos momentos para as redes sociais baixo o abrigo e sombra de Facebook. Os seus reiterados escándalos, as caídas mundiais e o seu anunciado rebranding para facer lavado de fronte e de reputación non deixan de sorprender. Na outra cara da internet atópanse plataformas sociais máis amables e, talvez, algo máis esquecidas ou menos consumidas polo público xeral como é Pinterest. A aplicación máis inspiradora agora é noticia polas súas novas actualizacións e pola súa gran subida en bolsa debido á negociación de compra por parte de PayPal.

O funcionamento da aplicación é sinxelo. De feito, poderíase facer un paralelismo cun taboleiro de cortiza no que colocamos as imaxes, notas, calendarios e outros
aspectos do noso interese. Pinterest está pensado para compartir imaxes e distinto tipo de contido audiovisual e ordenalo en función dos nosos intereses ou curiosidade, a través de diferentes categorías denominadas, precisamente, taboleiros. É, por tanto, unha
ferramenta moi interesante para atopar ideas, explorar tendencias, buscar consellos e inspiración, dunha maneira visual, sinxela, e organizada.

De maneira resumida, como consumidores de contido permítenos buscar e organizar infografías, fotografías, vídeos e deseños. Con todo, como negocio ou creador,
tamén é interesante xa que podemos configurar o noso perfil como unha conta de empresa.

Isto permitiranos ver métricas en Pinterest Analytics, crear anuncios en Pinterest Ads e verificar a nosa presenza na rede engadindo o noso sitio web. Ademais, tamén:

✔️ Poderemos etiquetar produtos e incluír unha pestana de compra no perfil.

✔️ Permitiranos mostrar o noso traballo.

✔️ Poderemos crear un catálogo de produtos.

✔️ Aumentaremos o tráfico á nosa web a través do clic sobre pines.

Agora ben, nas últimas semanas anunciáronse tres grandes actualizacións interesantes para creadores e anunciantes. En primeiro lugar, a presentación de diapositivas de coleccións, o que permitirá combinar anuncios de coleccións con vídeos, ademais de etiquetar produtos. Ademais, a aplicación é un instrumento útil para establecer un vínculo coa nosa empresa, non só porque poidan buscar inspiración ou confianza en contido que redirixe á nosa marca, senón porque agora inclúese a
sección “detalles do comerciante”, que nos permitirá explicar como somos dunha maneira sinxela. E, por último, permitirase promocionar Idea Pins de creadores
seleccionados a través de Idea Ads. Estes son un conxunto de fotografías, texto e vídeos que desenvolven un concepto. Por exemplo, podería ser un Idea Pin dunha receita no que se nos explica como facela paso a paso.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions