Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.

O 5 de agosto de 2020 Instagram presentou “unha forma de crear e descubrir vídeos curtos e divertidos”. A modo de alternativa -ou imitación- a Tik Tok. Os xa archiconocidos Reels, que se presentan a día de hoxe como unha forma moi potente de aumentar a nosa presenza na rede de maneira orgánica.

Precisamente, o gran alcance que teñen os Instagram Reels convérteos nun imán para que creadores de contido e community managers invistan horas na creación destas pequenas pezas audiovisuais. E, se ao feito de que é unha función aínda moi nova sumámoslle que Instagram quere quitarlle o trono a Tik Tok, obtemos como resultado a flexibilización do algoritmo de alcance orgánico. Ou o que é o mesmo: a rede social quere que usemos esta funcionalidade, polo que fai que os nosos vídeos teñan moito máis alcance e engánchennos tanto como creadores como consumidores.

"Neste momento é moi sinxelo chegar a moito público en Instagram".

"O que máis aparece no Instagram son "Reels", son os que máis se están mostrando, así que temos que sacarlle partido".

"Se aproveitamos todas as opcións que nos ofrece a aplicación, máis posicionamento vamos a ter".

CONSELLOS PARA MELLORAR O ALCANCE DOS REELS:

✔️ Grava varios clips. Se estás a dubidar entre gravar un só clip de trinta segundos fronte a varios clips pero máis breves, escolle a segunda opción. O algoritmo favorecerache por iso. Ademais, recomendámosche que lle engadas subtítulos ou texto, aínda que non demasiado, e que experimentes cos diferentes efectos e velocidades.

✔️ Diferentes fontes de audio. Cando comeces a indagar sobre as aplicacións desta nova ferramenta, pronto te darás conta de que hai unha enorme biblioteca de música coa que traballar. Se utilizas os últimos hits ou cancións de éxito, serás máis visible. Así mesmo, aplica os audios orixinais dos Reels doutros usuarios (eles poderán facer o mesmo cos teus) que sexan trending, o serás aínda máis.

✔️ De principio a fin. Chama a atención nos tres primeiros segundos e consegue que vexan o vídeo ata o final.

✔️ Hashtags relevantes e relacionados. Xa finalizado o teu proceso de creación e edición de vídeo, toca subilo. Terás que poñer unha descrición atractiva e con hashtags. Estes últimos deben ser poucos, de calidade e estar relacionados co contido para que o algoritmo non che penalice.

✔️ Elixe unha imaxe de portada, comparte en cuadrícula e stories. Cando esteas a finalizar o proceso e anímesche a publicalo, aparecerache a opción de cambiar a foto de portada: faino e asegúrache de que, se decides compartilo tamén no teu perfil, encaixe coa estética do mesmo.

✔️

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: @actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas