Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.

O márketing de contido ou content márketing é unha estratexia que ten como cometido crear publicacións valiosas e de calidade, non puramente comerciais. E sempre, coa creatividade como bandeira para atraer o interese do noso público obxectivo (tamén coñecido como buyer persoa) e establecer unha relación a longo prazo.

"Se só facemos publicacións co obxetivo de vender, podemos aburrir aos nosos seguidores".

"Debemos aportar contido que estrableza unha relación a longo prazo".

"Temos que arriscar e ser creativos".

Cando afirmamos que é importante crear contido valioso e de calidade para a audiencia, non só referímonos a esa publicación que fala sobre a nosa marca, senón que nos referimos a que vaia un paso máis aló e permita obter unha experiencia ou un beneficio, calquera que sexa leste. O paradigma de contido enriquecedor e beneficioso máis común e no que primeiro pensamos son os sorteos ou concursos. Pero tamén falamos de posts que, aínda que non aludan a nós directamente, digan moito de como pensamos e que ofrecemos. Referímonos, por exemplo, a compartir unha infografía dunha receita propia se somos un restaurante ou enviar aos nosos subscritores unha newsletter con algúns trucos imprescindibles para decorar o noso fogar se somos unha empresa de deseño. Pero, como negocio, que é exactamente o que logramos coa publicación regular e seria de contido de calidade?

En primeiro lugar e máis importante: gañamos presenza e melloramos a nosa credibilidade na rede. Se realizamos publicacións con certa frecuencia, con valor engadido e con criterio, serviranos para mostrar como somos e como traballamos, ademais de atraer a novos usuarios de redes e mellorar a nosa credibilidade nas mesmas.

Ademais, tamén nos axudará para dar a coñecer a nosa marca sen resultar molestos e diferenciarnos da competencia.

Doutra banda, do mesmo xeito que sucede con todos os vínculos, as relacións co noso público hai que coidalas. A través de publicacións de calidade e regulares conseguiremos achegarnos a eles e tamén a ese ansiado feedback, tan importante nos medios sociais. E lembra que tamén é importante ofrecer o que a audiencia nos pide, adaptándonos, dentro duns parámetros, aos seus intereses, gustos e esixencias.

Agora tal vez te estés preguntando como lograr ese contido de calidade e algúns dos consellos que podemos darche son:

1️⃣ Publica dentro das túas posibilidades. É mellor que publiques menos e sexan contidos de calidade, que moito e resultar molesto e invasivo coa audiencia.

2️⃣ As dúas C: crítica e creatividade. Atréveche a arriscar e a recoñecer os teus erros para poder corrixilos.

3️⃣ Proximidade. Aproxímache á túa audiencia directamente co teu contido a través das canles máis adecuadas.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions