Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.

O noso día a día en redes sociais non sempre será un camiño de rosas no que os usuarios se desfagan en eloxios co noso traballo, produtos ou servizos. De feito, as plataformas dixitais son un escaparate moito máis grande e que ofrecen moita máis visibilidade do que calquera establecemento físico póidanos ofrecer. Por iso, estamos expostos a comentarios tanto positivos como negativos e, aínda que ás veces tampouco sabemos como responder a afagos, hoxe trataremos de explicarvos como encaixar de forma adecuada un comentario negativo.

"Sinceridade, brevidade e empatía: tres craves para afrontar os comentarios negativos en redes sociais".

"Estamos expostos aos comentarios negativos, temos que aprender a encaixalos e xestionalo dun xeito positivo, as críticas forman parte do proceso de mellora".

"Temos que cortar de raíz o problema e eso faise con unha boa contestación. Borrar o comentario ou non contestalo non elimina o problema".

CONSELLOS PARA CONTESTAR A UN COMENTARIO NEGATIVO:

✔️ Ante todo, non entres no xogo. Cando es emprendedor, un negocio é case como un fillo, polo que é evidente que non queres que ninguén fale mal del. Ademais, non sempre serán críticas construtivas e en ocasións poida que haxa malas palabras. Con todo, non debes sacar as garras e si manter a calma. Tómate o teu tempo antes de dar resposta.

✔️ Resposta breve e sincera. Da man da empatía chega unha resposta breve e sincera, na que debes atopar a forma de cortar de raíz o problema. Ademais, agradece a honestidade do cliente e o feito de utilizar parte do seu tempo en darnos "feedback".

✔️ Non elimines os comentarios negativos. Eliminar comentarios é a versión dixital de saír fuxindo dos problemas e, por se había algún tipo de dúbidas, non é a opción máis acertada. Debemos plantarlle cara aos problemas e a todo tipo de aspectos negativos do noso traballo e as malas reseñas son unha delas. Quitarlle a voz aos teus usuarios non che axudará a mellorar a túa situación e, de feito, poida que deste movemento xurdan moitos máis comentarios negativos. Se consecuente cos teus fallos e trata de sacarlle o máximo partido.

✔️ Resposta privada ou ignorar as mensaxes. Ligado ao momento anterior, está a tendencia de responder de maneira privada a un comentario público. A mellor opción que podes elixir é a de ser transparente e responder de forma pública, demostrando a túa intención de mellorar e de aceptar tanto o bo como o malo que che poidan dicir os teus clientes.

✔️ Non dubides en desculparte polos teus erros. Como se adoita dicir, rectificar é de sabios. Se sabes que un mal comentario está fundamentado, pide desculpas e trata de corrixir o teu erro. Aprovéitao como unha oportunidade para mellorar e crecer no teu traballo e na túa reputación en redes sociais.

✔️ Fai que a túa comunidade se sinta escoitada. Recibiches unha mala reseña e queres compensar ao usuario pola túa equivocación. Descúlpate non só con palabras, senón tamén con xestos, por exemplo, cun desconto na próxima compra ou consumición. Será unha maneira de que o teu cliente senta escoitado e que a súa opinión conta.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: @actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas