Lorena Penas, é socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos de que LinkedIn usará a IA para crear artigos colaborativos e integrará GPT-4 para mellorar os perfís de usuario.

"Linkedin proponse crear artigos colaborativos entre unha IA, o equipo editorial de LinkedIn e os profesionais da comunidade".

"A plataforma tamén integrará o modelo GPT-4 de Open AI para que os usuarios poidan mellorar os seus perfís".

"A finalidade deste novo proxecto é axudar a toda a rede a descubrir novas persoas ás que seguir, mantelos informados sobre temas craves, expandir coñecemento profesional e xerar conversacións de índole profesional que poidan abrir novas oportunidades".

Desde o lanzamento do Chat GPT, o mundo das IA e as súas diversas
aplicacións non parou de crecer. Desde Microsoft integrando esta ferramenta
aos chats de Bing e Edge, ata a presentación de Bard e o anuncio de melloras en Cloud e Workspace por parte de Google a partir da IA xenerativa, pasando por innumerables usos da IA en distintos sectores.

Nesta ocasión, foi a rede social profesional LinkedIn quen decidiu dar un paso adiante e implementar este avance tecnolóxico nun novo proxecto: artigos colaborativos entre unha IA, o equipo editorial de LinkedIn e os profesionais da comunidade, baseados en 10.000 millóns de anos de coñecemento.

Doutra banda, a plataforma tamén integrará o modelo GPT-4 de Open AI para que os usuarios poidan mellorar os seus perfís.

✔️ Artigos colaborativos: un traballo conxunto entre IA, editores e profesionais.

«Que pasaría se puidésemos permitir que cada membro aproveite o universo
de experiencia en LinkedIn? Os membros posúen unha alucinante experiencia profesional de 10 mil millóns de anos. Miles de millóns de probas e experimentos, de erros e éxitos, en case todos os países e todas as industrias», pregúntase Daniel Roth, xefe de redacción da rede social no artigo que anuncia esta nova funcionalidade.

Para resolver este problema, o equipo de LinkedIn ideou o proxecto de artigos colaborativos: temas de coñecemento publicados pola rede social con información e perspectivas agregadas pola mesma comunidade. Estes artigos comezan como iniciadores de conversación impulsados por IA e son desenvolvidos xunto ao equipo editorial da plataforma. Logo, utilizando o gráfico de habilidades de LinkedIn, relaciónase a cada artigo con membros expertos relevantes que poidan contribuír coas súas leccións, anécdotas e consellos baseados na súa experiencia profesional.

✔️Os colaboradores reciben unha recompensa e a insignia Community Top
Voice.

A rede social é consciente de que, a pesar de que o contido pasará por varias fases antes de publicarse, aínda é necesaria a retroalimentación e a revisión por parte da audiencia. Por iso, os artigos poderán recibir reaccións que indiquen se se trata ou non dunha información perspicaz. Pola súa banda, os colaboradores que engadan inormación aos textos recibirán unha recompensa por brindar o seu tempo e experiencia a outros usuarios; dentro da plataforma outorgaráselles unha nova insignia Community Top Voice nas súas áreas de habilidades, a cal se mostrará no seu perfil xunto ás contribucións que fixeron a cada artigo.

A finalidade deste novo proxecto é axudar a toda a rede a descubrir novas persoas ás que seguir, mantelos informados sobre temas craves, expandir coñecemento profesional e xerar conversacións de índole profesional que poidan abrir novas oportunidades.

Esta non é a primeira vez que LinkedIn utiliza IA na súa plataforma, de feito,
leva usándoa desde hai varios anos. A empresa inviste de forma constante en tecnoloxías de aprendizaxe e análise de datos para ofrecer servizos máis personalizados e eficientes. En 2016 adquiriu unha empresa de análise de datos chamada Refresh, que utiliza a aprendizaxe automática para proporcionar información sobre persoas coas que os usuarios están programados para reunirse. Dous anos despois, a rede social anunciou
que estaba a investir nun novo centro de datos en Oregón para expandir a súa capacidade de IA e outros proxectos de tecnoloxía.

✔️Chat GPT para mellorar perfís e optimizar porcesos de contratación.

Logo do lanzamento dos textos colaborativos, o xefe de produto de LinkedIn, Tomer Cohen anunciou que a rede social estenderá o uso de IA cara a outras áreas da rede social, como a redacción dos perfís e os procesos de contratación das empresas. Se queres mellorar o teu perfil, simplemente deberás clickar o botón amarelo co texto «Mellorar perfil», que estará situado na parte superior.

Logo, o sistema aconsellará contido para headline e despois a biografía para que os usuarios poidan consultar o texto e configuralo de acordo ao seu perfil. Ao princio, esta función estará dispoñible soamente para usuarios premium,aínda que é probable que logo se estenda ao resto dos usuarios.

Ademais, desde a plataforma ofreceranse 100 cursos gratuítos de IA para todos os membros de LinkedIn ata o 15 de xuño de 2023. E poderans realizar outras formacións exclusivas de IA xenerativa impartidas por expertos da industria, incluído o mesmo Cohen.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions