Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe explícanos como TikTok se converteu nun potente medio de promoción para Unicorn Wars.

"Unicorn Wars foi eloxiada pola crítica e os galardóns recibidos ratifícano pero o verdadeiro auxe e éxito do filme foi en redes sociais".

"Se entramos en TIK TOK veremos que o hashtag #UnicornWars alcanza os 444.8 millóns de reproducións".

"TIK TOK é, actualmente, a plataforma perfecta para que as discográficas promocionen tanto os novos lanzamentos como cancións do seu catálogo".

Unicorn Wars e como TikTok se converteu nun potente medio de promoción audiovisual

As redes sociais veñen cambiando a maneira na que consumimos e na que se
promocionan os diferentes contidos audiovisuais. Series, filmes, música e incluso libros atopan en TikTok e outras plataformas de vídeo curto o medio idóneo para darse a coñecer e dar o pulo definitivo. É o caso de Unicorn Wars, filme de animación galego e gañador do Goya á mellor película de animación na pasada edición dos premios.

Unicorn Wars alcanza a viralidade en TikTok

Malia a apariencia infantil da cinta do director coruñés Alberto Vázquez, a través das súas personaxes -osiños de peluche e unicornios-, o filme está dirixido a un público adulto e reflexiona sobre a guerra, a fe e a familia. Foi eloxiada pola crítica e os galardóns recibidos ratifícano pero o verdadeiro auxe e éxito de Unicorn Wars foi en redes sociais.

De feito, tan só 30 cines de España proxectaron a cinta dende a súa estrea o pasado outubro e, moitos deles, en horario infantil, tal e como comentou o responsable de comunicación da película, Antonio Rosa Lobo, en medios comol Vinte.

Pero trala súa estrea en Movistar e gañar o Goya, TikTok prendeu lume. O seu público, encabezado pola Xeración Z, comezou a crear contido, a subir fragmentos do filme, comentalos, crear novas personaxes e, con isto, viralizouse. É así que se entramos na aplicación veremos que o hashtag #UnicornWars alcanza os 444.8 millóns de reproducións.

A industria musical, a grande beneficiada

Se TikTok serviu para facer viral en todo o mundo un filme galego, a industria discográfica tamén se sabe aproveitar disto. A rede social é, actualmente, a plataforma perfecta para que as discográficas promocionen tanto os novos lanzamentos como cancións do seu catálogo.

Medios como Business Insider sinalaron que a plataforma conta cun equipo global que traballa con artistas e selos discográficos, negocia acordos de licencia cos titulares dos dereitos e inventa novas maneiras de monetizar o contido musical. Por exemplo, o pasado marzo lanzou unha plataforma de distribución de música chamada SoundOn que clama que os artistas lograrán promover a súa música e alcanzar audiencias globais a través da súa distribución en TikTok e plataformas de streaming.

As discográficas contratan a influencers e microinfluencers para que promocionen de algún modo a súa canción. Por exemplo, a través dun baile ou dun reto, pero tamén empregándoa de fondo. E, tamén, os artistas fan a promoción do seu novo lanzamento a través desta rede. Por outro lado, tamén cabe destacar que agora hai músicos -e cancións que nacen e despegan en TikTok.

De feito, un estudo realizado pola aplicación concluíu que TikTok é a rede preferida polo 80% dos usuarios para descubrir música por diante doutras plataformas dixitais, servicios de streaming e recomendacións de amigos.

#Booktalk e o espazo para a literatura nas redes Tamén hai espazo en TikTok para os amantes da literatura. Outro fenómeno que logrou popularidade nas redes foi o #BookTalk, que leva 223.8 millóns de visualizacións. Este termo fai referencia ás “charlas de libros”. Isto é, os usuarios comparten as súas lecturas e recomendan libros.

Algunhas claves para entender por que funcionan estes contidos

É o público o que crea a viralidade. Son os usuarios os que comentan, crean, replican e inventan novas vertentes dun contido.

A fragmentación. No caso de Unicorn Wars vese que o que triunfou foi
“fragmentar” en centos de anacos o filme.

Natural e sen artificios. A promoción musical en TikTok demostra moitas veces que o máis efectivo e sinxelo é mostrar a faceta máis humana, divertida ou cercana do artista á hora de anunciar unha nova peza.

Os “bailecitos” de TikTok funcionan para promocionar unha canción porque se imitan e, a fin de contas, aínda que non nos gusten, dan que falar.

Xera comunidade. Con este tipo de “viralidades” ben sexan filmes, música ou libros, acaba habendo un sentimento de pertenza a un colectivo.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions