Javier Otero defínese a si mesmo como un artista polifacético, e máis que nunca, experimental. De formación “clásica”, sempre estivo interesado en todo tipo de músicas. Ten catro traballos discográficos: (Impromptus, Galician Folk Songs, Vibrations e Reconstrucion) ademais de dous sinxelos de piano e electrónica
(Intuition).

Javier Otero sempre mantivo unha actividade paralela á súa carreira como pianista no mundo da cultura. É o director artístico do Piano Meeting (Festival de pianos na rúa), e o creador dos “Silent Wifi Music Experience” (Concertos ao aire libre, nos que o son chega a uns auriculares cunha tecnoloxía WIFI).

En directo, Javier Otero toca o piano e sintetizadores. Ademais, está acompañado por Rubén Iglesias, que toca o baixo eléctrico e tamén sintetizadores. A posta en escea dos dous músicos acompaña a este proxecto que conxuga vangarda coa esencia do piano e a música electrónica.

Reconstruction é o seu novo proxecto, esta vez como músico e creador deste universo musical para piano e electrónica. Todo o traballo de interpretación, produción e postproducción das músicas é do propio Javier e mesmo a publicación foi co seu selo, Landra Music. Javier Otero forma parte dunha nova xeración de pianistas xóvenes con proxección nacional e internacional. Actuou en directo para Radio Clásica e particpou en gravacións para a televisión de Croacia, TVE e TVG.

"O Pazo de Oca é un sitio que coñezo ben, é un sitio moi espectacular para facer un concerto ao aire libre".

"Xa dende hai anos sabemos que, na música clásica, é dificil meter á xente nos teatros e auditorios, sobre todo á xente xoven. Así que, se a xente non vai, hai que ir á xente".

"Hai temas adaptados ao directo e temas novos. Actuar con Rubén Iglesias cambiao todo".

"MÚSICAS NO AR"

Espazos únicos que evocan historias. Instrumentos clásicos desde unha ollada contemporánea, mesturando a electrónica con outros elementos e obxectos cos que construír novas paraxes experimentais. Espazos sonoros cheos de luz, innovación e memoria na procura de sorprender, conmover e facer sentir achegando novas experiencias estéticas a toda a cidadanía. Unha forma de activar o noso patrimonio a través de novas linguaxes, a través da creación musical contemporánea.

Tras unha exitosa primeira edición volve o ciclo "Música no ar" da Deputación de Pontevedra para facernos viaxar a novos mundos imaxinarios a través da interpretación en lugares únicos: mosteiros, pazos, castelos e conxuntos patrimoniais. A través de pequenos grupos instrumentais, na compaña das novas tecnoloxías, sumadas á voz e mesmo a outras disciplinas asistiremos a pequenas pílulas de innovación contemporánea desde a música de cámara. Sempre garantindo a seguridade sanitaria e respectando os protocolos vixentes, desde este ciclo alentamos a música en vivo desde o virtuosismo e a renovación do xénero, na procura de espallar por toda a provincia a creación contemporánea, poñendo en valor espazos patrimoniais inmellorables e facilitando un acceso democrático á cultura para todas e todos.

Conservar a memoria manténdoa viva desde as linguaxes máis contemporáneas, esa é a mellor senda para preservar e construír o patrimonio. Para o noso futuro, desde o noso presente.

Máis Información "CICLO MÚSICA NO AR":

✔️ https://www.depo.gal/es/musica-no-ar

Máis Información JAVIER OTERO:

✔️Páxina Web: https://javieroteroneira.com/gl/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCYcPs7bI_zLg8-vOrPhyvGA

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/30DMPlshHLgZ2rSLEvr8AY

✔️Itunes: https://music.apple.com/es/artist/javier-otero-neira/951333759

✔️Facebook: https://www.facebook.com/JaviOteroNeira

✔️Twitter: @JaviOteroNeira

✔️Instagram: https://www.instagram.com/javieroteroneira/

✔️Pianista YAMAHA: https://es.yamaha.com/es/artists/j/javier_otero_neira.html

✔️Culturactiva: https://www.culturactiva.org/gl/artista/javier-otero-neira

Máis Información DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA:

✔️Páxina Web: https://www.depo.gal/temas-deportes

✔️Facebook: https://www.facebook.com/DeputacionPontevedra

✔️Twitter: @depo_es

✔️Instagram: https://www.instagram.com/deputacionpontevedra/

Contratación:

✔️Correo: [email protected]

✔️Teléfono: +34981582836

✔️Páxina Web: https://www.culturactiva.org/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/culturactiva.scg

✔️Twitter: @culturactivaSCG

✔️Instagram: https://www.instagram.com/culturactiva_coop/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas