Despois de 35 tempadas Javier Vázquez Ares Javicho, colga as botas, pero vai seguir ligado ao CD Estradense como 2º adestrador do equipo, acompañando a Manuti nesta nova andaina.

Javicho é todo un símbolo para o deporte local tanto no deportivo como no personal, como podemos comprobar nesta entrevista

"Ter dedicación polo que che gusta, ser profesional no que fagas costa moito traballo e ten moito sacrificio, pero se alguen ten un soño que pelexe por el".

"Quedaríame con dous momentos da miña carreira, o ascenso co Callobre á liga Nacional e o ascenso co Estradense a 3ª división".

"O que fixo Requeixo, Pencho e Manolo Blanco ten un valor impresionante. Era increible cos poucos recursos que tiñan o rendimento que lle sacaban aos xogadores".

Comunicado de despedida:

Hoxe toca poñer fin a un soño, e despedirme da profesión máis bonita do mundo, anunciando así a miña retirada como futbolista.

35 tempadas consecutivas donde o sacrificio, a disciplina, o esforzo e a dedicación, foron sempre dende os meus inicios valores que me fixeron disfrutar como futbolista e que convertiron o Fútbol no meu modo de vida.

Quero comezar agradecendo a meu irmán Rafa por ser un icondicional ó meu lado, e por suposto a Mamá e Papá, que confiasen en min e me acompañasen nesta viaxe axudándome a cumplir o meu soño de ser Futbolista.

Quero agradecer tamén a todos os compañeiros, adestradores, directivos e en difinitiva a todos os que, de unha ou outra maneira, estivestes en algún momento ó meu carón nesta longa viaxe, facendo especial mención a Manolo Requeixo e Pencho, adestradores da miña infancia e de maneira encarecida a Manolo Blanco, quen me acompañou en case a metade da miña Carreira e sen quen non houbera sido posible que fose tan lonxeba.

Callobre CF, SD Compostela , CD Cerceda, Club Deportivo Mirandes, Cultural y Deportiva Leonesa SAD Marbella FC, CD Roquetas, Club Polideportivo El Ejido, Real Federación Galega de Fútbol - Futgal e especialmente ao Club Club Deportivo Estradense, GRACIAS por axudarme a ser feliz!

Despídome coa satisfación de haber disfrutado e con un montón de grandes e imborrables momentos que levarei para sempre no meu corazón.

¡O fútbol non ten sentido, e a vida sen él tampouco!
Gracias Fútbol!

Javicho Vázquez Ares

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions