Logo dunha longa e exitosa traxectoria na música galega formando parte de bandas como Xenreira, A Matraka Perversa ou NAO, Jásper volve á carga cun novo proxecto musical chamado Loita Amada.

Nesta nova andaina, acompañado da pandereteira Nébeda Piñeiro, comeza a darlle forma a un proxecto novidoso que xorde da canción protesta galega. O seu obxectivo é conducir este estilo a ocupar novos espazos e sonoridades.

"Tiña un feixe de cancións gardadas na recámara, cancións máis de autor que quería darlle saída, e como sempre me gustaron máis os proxectos colectivos propúxenllo a Nébeda".

"O 19 de decembro o disco estará en todas as plataformas dixitais e a partir de febreiro comezaremos a xirar polas salas galegas".

"Todo o disco é un sonido máis amable, que o que facíamos en Nao. Quero que a xente escoite o disco e que vexa todos os matices e que a xente se sorprenda".

Loita Amada é a nova poesía galega. Mestura a forza e o carácter combativo de Jásper coa sensibilidade e bo facer de Nébeda nunha explosión sonora que non deixará indiferente a ninguén.

Viva a Loita Amada Revolucionaria! é o nome do seu primeiro disco. Nel podemos gozar desa dualidade: amor e loita, a que nos ten acostumados Jásper e que queda reflexada á perfección co nome da banda.

Podemos asegurar, sen medo a equivocarnos, que é o álbum máis íntimo do compositor estradense, no que demostra non ter medo a mostrar o máis profundo dos seus sentimentos.

Un álbum no que podemos escoitar cancións que falan en primeira persoa de derrotar os seus propios demos, do amor aos devanceiros e aos nosos descendentes e, como non, cancións que chaman á rebeldía, á dignidade, cantos á liberdade, á esperanza e a á resistencia.

E todo isto fano mesturando estilos que van dende a muñeira ao vals, dende a xota ao rock forte. Alén diso, cómpre destacar a unha Nébeda que rompe o rexistro tradicional para dotar de sentimento e fraxilidade un disco que emana forza por todos os poros.

Toda unha declaración de intencións e un golpe na mesa, reivindicándose como unha das bandas con maior proxección dentro da actual escena musical galega.

Máis Información LOITA AMADA:

✔️Páxina Web: https://www.loitaamada.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/loitaamada

✔️Twitter: https://twitter.com/LoitaAmada

✔️Instagram: https://www.instagram.com/loita_amada/

✔️ Spotify: https://open.spotify.com/artist/479AsXt2NXuFfmcDhXfSog

✔️ Apple Music: https://music.apple.com/es/artist/loita-amada/1654221136

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/@loitaamada

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions