Isabel e Ana Neira, son a 7ª xeración da familia dedicada á tornería artesanal en madeira.

ATALANTA MADERA, dúas irmás herdeiras dunha longa tradición familiar na tornería artesanal da madeira na parroquia de Berres na Estrada (Pontevedra). Criáronse escoitando contar historias de tornos, torneros, madeira, pezas…. e o oficio prendeu nelas. Entre as dúas fan todos os productos que podemos ver na páxina web (ver ligazón ): o deseño , o torneado, o acabado de cada obxecto, idear os diferentes tipos de packaging e mesmo parte das fotos.

"Os nosos clientes teñen un perfil de ser responsables ecolóxicamente e demándannos produtos reutilizables de Km0".

"Seguimos sacando deseños, para seguir poñendo en valor a madeira e conseguir que a xente pense na madeira como un material de uso cotiá en todo o ámbito doméstico".

"Lanzamos ao mercado unha bolsa mantel que recorda ao atados nos que a xente maior levaba a "parva" ou merenda cando iban a sachar ás patacas, o millo ou segar a herba".

✔️ TRABALLO ARTESANAL DE PRINCIPIO A FIN

Nestes tempos de súper especialización en moitas profesións, ATALANTA MADERA recupera o espírito renacentista do artesán que xestiona o proceso de produción completo: supervisan a madeira que utilizan escollendo as de proximidade e de curtas controladas, preparan os bosquexos das pezas e afinan a realización das mesmas, seleccionan os acabados idóneos para cada uso (procurando sempre que sexa o máis natural posible) e aproveitan para o packaging elementos que ata o de agora se tiraban, como a labra.

Máis Información ATALANTA MADERA:

✔️Páxina Web: https://atalantamadera.es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/atalantamadera

✔️Instagram:  https://www.instagram.com/atalantamadera/

✔️Pinterest: https://www.pinterest.es/atalantamadera/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️ Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions