Irene Marín de UNICEF Comité Galicia fálanos do traballo da ONG durante estes 10 anos de guerra en Siria.

Mentres o conflito en Siria chega hoxe, 15 de marzo, ao seu décimo aniversario, a situación de moitos nenos e familias segue sendo precaria, e case o 90% dos nenos necesitan asistencia humanitaria, un aumento do 20% só no último ano.

O conflito tivo un impacto sobrecogedor nos nenos e as familias en Siria. Entre 2011 e 2020, case 12.000 nenos morreron ou resultaron feridos, e máis de 5.700 foron recrutados para os combates. Ademais, en 2020 duplicouse o número de nenos que mostran síntomas de trastornos psicosociais, xa que a exposición continua á violencia, o shock e o trauma está a ter un impacto significativo na súa saúde mental, con implicacións a curto e longo prazo.

Para dar resposta á crise de Siria, durante a última década UNICEF ampliou as súas operacións para satisfacer as necesidades humanitarias inmediatas e a longo prazo. Só en 2020, grazas ao traballo de UNICEF, case 900.000 nenos recibiron inmunizacións ou vacinas de rutina contra o sarampelo; chegouse a máis de 400.000 nenos con apoio psicosocial; máis de 3,7 millóns de nenos tiveron acceso á educación formal e non formal; e máis de 5,4 millóns de persoas accederon a auga potable grazas á mellora dos sistemas de subministración de auga, entre outras intervencións.

✔️Máis información sobre o traballo de UNICEF en Siria: https://www.unicef.es/causas/emergencias/conflicto-en-siria

Máis Información UNICEF:

✔️Páxina Web: https://www.unicef.es/

✔️Teléfono: 900907133

✔️Twitter: https://twitter.com/UNICEFGalicia

✔️Facebook: https://www.facebook.com/unicef.es

✔️Instagram: https://www.instagram.com/unicef_es/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/c/UNICEFEspa%C3%B1a

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions