Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos do Día Mundial sen Wifi.

"A OMS afirma que entre un 5 e un 10% da poboación é electrosensible á enerxía radioeléctrica e ás radiacións inalámbricas".

"O medo a quedar sen internet é unha preocupación moi común na sociedade actual".

"A ciberadicción ou adicción ao internet conleva unha preocupación excesiva por pasar tempo en internet".

O día 8 de novembro, é o Día Mundial sen Wifi.

O seu obxectivo é concienciar á poboación do risco que supón conectarse a internet a través deste sistema sen fíos, sobre todo, pola toxicidade desta rede, que conleva unha radiación directa e constante no nosos corpos.

De feito, a OMS afirma que entre un 5 e un 10% da poboación é electrosensible á enerxía radioeléctrica e ás radiacións inalámbricas, o que ocasiona maior risco ao cancro, dores de cabeza, insomnio, irritabilidade, …

Pero nós ímonos centrar hoxe, é no tema psicolóxico, e sobre todo ao uso responsable da wifi e de todos os aparellos aos que nos conectamos gracias a ela: smartphones, tabletas, videoxogos, Netflix, …

O medo a quedar sen internet é unha preocupación moi común na sociedade actual, xa que moitas das nosas actividades cotiás dependen da conectividade en liña. É comprensible que a posibilidade de perder a conexión poida afectar, polo tanto, ao desenvolvemento da nosa vida laboral, por exemplo, e que incluso para a comunicación en certos ámbitos persoais poida interferir.

Sen embargo, hai certo medo que pode ser patolóxico, é dicir, que nos xere unha ansiedade excesiva so pensar na posibilidade de ir a un lugar onde non teñamos cobertura ou que incluso se caia a rede por un apagón, como os que se sufriron esta semana pasada en moitos lugares.

A ciberadicción ou adicción ao internet conleva unha preocupación excesiva por pasar tempo en internet, a dificultade para controlar ese tempo en liña, incluso provocando illamento social ou neglixencia nas obrigacións diarias, pensamentos obsesivos por conectarse, ... E está moi relacionada con ese medo a quedarnos sin conexión.

Si ese temor causa en nos un excesivo malestar, e incluso notamos un nerviosismo potente cando pensamos na posibilidade, debemos comezar a plantexarnos unha serie de intervencións para reducir o noso uso das redes ou do internet ou para xestionar correctamente ese uso:

1️⃣ Establecer un plan de respaldo. É dicir, buscar alternativas que nos dean seguridade en caso de que o uso de internet sexa fundamental. Por exemplo, se sabemos que temos que estar conectados por traballo, buscar un lugar a pouca distancia no que saibamos que sempre vai a haber internet: un bar, unha biblioteca pública, ... ou se precisamos facer unha chamada, saber que en todo caso, podemos movernos ata algún lugar concreto para que se poñen en contacto con nos e a na que teñamos cobertura.

2️⃣ Establecer límites de tempo en liña. Establecer horarios específicos para o uso de internet, e dedicar tempo a actividades sen pantallas.

3️⃣ Desenvolver habilidades offline. Actividades que desfrutes e que non requiran internet: ler libros , facer exercicio, pintar, cociñar, ...

4️⃣ Crear unha lista de tarefas pendentes offline. Manterse ocupado e produtivo sen internet.

5️⃣ Realizar actividades en contacto coa natureza ou ao aire libre.

6️⃣ Probar a deixar o móbil na casa a propósito. E para esta proposta sempre se buscan mil escusas polas que non se pode facer, xa que xera moita ansiedade facelo: e se me pasa algo, e se a alguén lle pasa algo, e se me perdo, e se teño un accidente, … Fai moitos anos, non había teléfonos móbiles e todo o mundo se decataba de se a alguén lle pasaba algo, polo que non vai ser o caso agora de que non sexa así.

7️⃣ Practicar a aceptación. Aceptar que os cortes poden ser normais e temporais, e que se poden manexar perfectamente, e que incluso nos poden servir para facer outras cousas que normalmente non podo facer, ou incluso para algo que existe e que se chama aburrirse ou descansar. O aburrimento é a base da creatividade.

E se todo isto non funciona, entón haberá que buscar axuda profesional, xa que pode ser normal depender en certa medida da tecnoloxía, pero é importante atopar un equilibrio entre o mundo dixital e o mundo real. E é importante tamén desenvolver estratexias que nos axudan a buscar ese equilibrio e a xestionar o medo a quedar sen internet ou sentirse desconectado.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions