Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos das compras compulsivas.

O Black Friday pode ser unha oportunidade marabillosa para facernos con cousas que necesitamos comprar a un mellor prezo. Sen embargo, como sempre, trátase claramente dunha campaña para xerar un maior consumo en momentos do ano nos que tendemos a gastar menos, a quedarnos na casa, …

"As tendas online fai que a persoa poida acceder a máis cousas dende a súa casa, polo que pode comprar a soas, e pode evitar a vergoña ou a culpabilidade, escondéndolle ás persoas cercanas as súas compras".

"Temos que ter moito coidado, xa que as compras compulsivas, en gran parte das persoas pode chegar a xerar sentimentos de frustración, irritabilidade, ou incluso pode facer que a persoa non chegue a controlar os seus desexos por comprar".

"Evitar comprar cando somos conscientes de que as nosas emocións están convulsas".

A día de hoxe saltamos continuamente dunha campaña a outra, case sen darnos conta, con millón de oportunidades para o consumismo: 11/11, black Friday, nadal, amigo invisible, rebaixas, mid season, … facéndose unha cadea de consumismo que case non nos deixa percibir que estamos comprando de máis durante todo o ano.

Temos que ter moito coidado, xa que moitas veces isto, en gran parte das persoas pode chegar a xerar sentimentos de frustración, irritabilidade, ou incluso pode facer que a persoa non chegue a controlar os seus desexos por comprar.

A acción de comprar, chega un momento, no que se volve aditiva, incluso xerando un bucle de intereses, procura de opcións de forma compulsiva, ata que se atopa o que se desexa, e ata que se ten non se para. Posteriormente a isto, en numerosas ocasión, poden aparecer sentimentos de culpabilidade, arrepentimento ou autorreproche, causados pola incapacidade de afrontar de maneira eficaz esta impulsividade.

O que sucede é que a día de hoxe non so podemos comprar en tendas físicas, senón que o acceso sinxelo a todas as tendas online fai que a persoa poida acceder a máis cousas dende a súa casa, polo que pode comprar a soas, e pode evitar a vergoña ou a culpabilidade, escondéndolle ás persoas cercanas as súas compras.

Por tendencia xeral, as mulleres teñen máis tendencia a comprar xoias, ropa ou produtos relacionados coa estética, mentres que os homes soen centrarse en obxectos de electrónica.

Que podemos facer para evitar as compras compulsivas?.

1. Conciencia. Recoñecer que moitas veces nos pasamos comprando, ou intentar reflexionar acerca de se precisamos comprar algo ou non neste momento.

2. Establecer presuposto concreto. Definir os nosos límites financieiros e centrarse neses límites.

3. Lista da compra: Facer unha lista antes de poñernos a comprar e ceñirse a ela, evitando artigos que non estaban nesa lista e que non son necesarios.

4. Espazo de reflexión. Aínda que estas campañas nos transmiten que as temos que aproveitar porque despois o artigo será moito máis caro, que é a oportunidade perfecta e que nos imos arrepentir, antes de comprar débese reflexionar acerca de si a compra é necesaria, se é a mellor opción, se o prezo nos convence, ...

5. Eliminar tentacións. Evitar tendas ou plataformas en liña cando non sexa necesario.

6. Evitar comprar cando somos conscientes de que as nosas emocións están convulsas. Normalmente cando estamos tristes unha das recomendacións pode ser, colle a un amigo ou a unha amiga, e vaite de compras. Isto xusto non é o máis recomendable cando temos tendencia a comprar de forma compulsiva ou cando vemos que iso se pode volver contra nos. É importante que a compra non se converta nunha vía de escape para xestionar as nosas emocións.

7. Buscar apoio. Compartir as nosas ganas de non caer na tentación con algún amigo, familiar ou parella, para que sexan como ese chivato do coche que nos di que non hai gasoil.

8. Profesionais da psicoloxía. Si a compra nos damos de conta que está a afectar na nosa vida, mellor buscar axuda en profesionais.

Marta Pombo comenta nas súas redes sociais que vai renunciar a unha gran suma de ingresos para evitar que esta semana se converta en puro consumismo, e que se vai quedar con dúas campañas, e evitar o consumismo.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions