Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos DÍA DE DAR OU GIVING TUESDAY.

"O cambio empeza polos demais, pero tamén por nós".

"A día de hoxe o que máis escoito dentro e fora da consulta é que as persoas están sendo cada día máis egoístas, e incluso máis bordes ou maleducadas".

"Moitas veces temos moitas distorsións cognitivas e non sabemos o que temos que agradecer, porque so estamos mirando cara o que nos falta".

Hoxe é o “día de dar”. O martes seguinte ao día de Acción de Gracias, aparece este día, que parte dunha iniciativa de gran alcance que intenta converterse na máxima expresión de sensibilidade individual e colectiva para axudar aos demais, con altruísmo, compromiso e xenerosidade.

Este movemento creouse para incentivar ás persoas a xerar boas accións e colaborar con causas sociais. Apareceu en 2012 por iniciativa dunha ONG con sede en Nova York e trátase dunha alternativa oposta á celebración dalgúns días festivos como o BlackFriday ou o CyberMonday.

As formas máis frecuentes nas que participa voluntariamente a xente é dar alimentos, doar sangue, doar a ONGs, pagar o pedido de comida ou de produtos de primeira necesidade doutra persoa, dando voz a causas sociais, ser amable, dar tempo a outras persoas, axudar a animais, ou incluso deixarlle un detalle a persoas coas que nos crucemos pola rúa.

A día de hoxe o que máis escoito dentro e fora da consulta é que as persoas están sendo cada día máis egoístas, e incluso máis bordes ou maleducadas. E unha frase que me doeu escoitar foi que a COVID o que fixo foi que as persoas mirásemos máis para dentro pero non para coñecernos e mellorar senón para buscar máis os seus intereses persoais.

Sen embargo, este día ven a dicirnos, igual que o de acción de gracias, que temos que agradecer. E moitas veces temos moitas distorsións cognitivas e non sabemos o que temos que agradecer, porque so estamos mirando cara o que nos falta.

Temos moitas cousas, e sen embargo, so pensamos no que non temos.

Agradecer cada día é importante, aínda que sexa como exercicio psicolóxico de facer unha lista de cousas que temos na vida e que nos fan esa vida máis sinxela, máis feliz ou máis cómoda.

Non se trata de luxos, senón de aspectos fundamentais, que poden ser gratuítos, pero que non se pagan con cartos.

Como traballar o agradecemento:

1️⃣ Intenta levar un diario de gratitude, escribindo tres cousas ao día polas que esteas agradecido.

2️⃣ Expresa o agradecemento a outras persoas, aínda que sexa por cousas que das por sentado. Por exemplo, se vas tomar un café e cho serven con amabilidade, dálle as gracias a deséxalles un bo día.

3️⃣ Cartas de agradecemento. Agora que vai vir o nadal, pode ser interesante que un dos agasallos que lle deas á túa familia poida ser unha mensaxe ou unha carta na que lle agradeces as cousas boas que aporta á túa vida.

4️⃣ Mindfulness. O feito de practicar a atención plena centrando a túa mente no momento presente fai que apreciemos de forma máis consciente os detalles do arredor. Pode ser unha boa maneira de fomentar o agradecemento.

E polo outro lado, o altruísmo, axudar ao outro sen esperar nada a cambio, conleva moitos efectos positivos: benestar emocional, fortalecemento das relación, saúde mental, xa que se viu que reduce a probabilidade de depresión e o aumento da resiliencia emocional, tamén fomenta a liberación de endorfinas, asociadas co benestar, … E para fomentalo nos demais é bo traballar no exemplo, intentando axudar no que se pode aos demais, involucrándote en accións sociais, promovendo a empatía, cultivando ao noso carón un ambiente de apoio, …

En definitiva, o cambio empeza polos demais, pero tamén por nós. E se sentimos que a sociedade está mal o primeiro que deberíamos facer é non decaer nos e traballar no exemplo.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions