Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos da soidade.

Agora que comeza a etapa dos festivais, como o do Son do Camiño, de máis verbenas, saídas, viaxes e vacacións, pode ser interesante prantexarse con máis aínco un tema do que pouco se fala: a soidade non desexada.

"A soidade é un problema silencioso que afecta cada vez a máis persoas no mundo".

"En España, estímase que o 13,4% das persoas sofren desta soidade non desexada".

"A mediana idade, pola súa parte, aprox 35-65 anos, é unha fase vital de constante adaptación a cambios que, nalgúns casos, non son elixidos".

A soidade é un problema silencioso que afecta cada vez a máis persoas no mundo. Supón unha fonte de sufrimento para as persoas e limita a súa participación na sociedade, producíndose consecuencias negativas para a saúde e para o benestar.

¿Que é a soidade non desexada?

A soidade non desexada sería a experiencia persoal negativa na que un individuo ten a necesidade de comunicarse con outros e percibe carencias nas súas relación sociais, ben sexa porque ten menos relación da que lle gustaría ou porque as relacións que ten non lle ofrecen o apoio que desexa.

¿Canto se da?

En España, estímase que o 13,4% das persoas sofren desta soidade non desexada (Observatorio da soidade, 2023), afectando máis a mulleres (14,8%) que a homes (12,1%).

E ¿por idades?

Por idades, os xóvenes son os que máis a senten, e, pouco a pouco vai descendendo progresivamente, e volve a subir nas persoas de 75 anos ou máis.

A soidade non desexada, ademais, non é un fenómeno puntual, senón que se mantén aproximadamente 6 anos mesa situación, e o 22,9% das persoas se senten soas durante todo o día.

Entón, podemos considerar que aproximadamente a unha de cada catro persoas de entre 16 e 29 anos sinte soidade non desexada.

Algunhas das cuestión máis relevantes para comprender a soidade na xuventude son que:

✔️Neste momento as relación de amizade xogan un papel fundamental

✔️A presencialidade das relación é relevante na amizade e, sen embargo, actualmente as redes sociais e os contactos dixitais cobran demasiado protagonismo, mentres que diminúen eses presenciais.

✔️A discriminación sexual, a pobreza, as enfermidades e o orixe estranxeiro aumentan a sensación de soidade.

A mediana idade, pola súa parte, aprox 35-65 anos, é unha fase vital de constante adaptación a cambios que, nalgúns casos, non son elixidos. Nesta etapa danse sentimentos moi contraditorios: satisfacción por conseguir determinados fitos como pode ser conseguir un traballo estable, ter fillos, comprar un piso, … pero tamén poden aparecer sensación de insatisfacción por non ter cumprido con algunha desas expectativas marcadas ou a incertidume ante un futuro aínda en desenvolvemento ou incluso saber que ten que aparecer algunha transición ou cambio necesario que, ademais, pode ir en contra do que a sociedade marque.

É unha época considerada con baixa satisfacción vital, quizais porque esas expectativas se van redimensionando e pensamos que a felicidade está sobrevalorada e que ademais pode que estea en que non pase nada horrible.

¿Que factores inflúen na soidade non desexada?

✔️ Vivir so/a

✔️ Eventos vitais (pérdida dun ser querido, separación, discriminación, bullying, …)
Idade. Sobre todo nas persoas maiores de 75 anos, pero en cada momento temos certos riscos de padecela.

✔️Discapacidade. É moito maior nesta poboación.

✔️Saúde. As persoas con malas saúde teñen máis probabilidade de sentirse socialmente illadas.

✔️A renda. As persoas con menos capacidade económica teñen maiores dificultades para optimizar e diversificar as súas relación sociais.

Tipos de soidade

Moitas veces, cando falamos de soidade somos moi críticos, pero temos que ter en conta que o sentimento de soidade ten un compoñente moi subxectivo. Polo tanto, trátase máis de soidades que de soidade en si. Poderiamos ter tres tipos de soidade: a social, a existencial e a emocional.

✔️A soidade social ten máis que ver coas persoas con dificultades nas habilidades sociais, coa tendencia ao illamento e cunha carencia na rede de apoio. Está influenciada por desigualdades sociais e económicas, e tamén coa exclusión social.

✔️A soidade existencial caracterizaríase por unha desconexión dun mesmo e tamén dos outros. Predominarían sentimentos de illamento, valeiro, abandono ou medo. Pode que exista unha falta de sentido á vida ou dun proxecto vital. Soa aparecer en persoas que se enfrontan a perdidas, como separación, divorcios, desemprego, viudedade temperá, cambios de residencia, problemas de saúde. E tamén cando non se compren os proxectos de vida na parella, a familia ou o emprego. Xeralmente, estas persoas fan unha comparación constante entre a vida que levan e a que desexan, ou entre a súa vida e a dos demais.

✔️Por último, a soidade emocional é experimentada polos que carrexan unha sobrecarga de responsabilidades en diferentes ámbitos (coidadores, país, …). Conleva unha sensación de sentirse atrapados, e de sentirse sos a pesar de estar acompañados.

Consecuencias da soidade

✔️Costes a nivel individual, xa que o estado de ánimo empeora, a satisfacción vital, as relación co entorno, a seguridade e a calidade de vida son moito menores. É un risco para a saúde mental, sobre todo no relacionado coa depresión, pero tamén para outras patoloxías. E tamén se sabe que favorece a hipertensión e as enfermidades cardiovasculares.

✔️Costes sanitarios e de produtividade.

¿Como previr a soidade?

1. Recoñece de onde veñen os medos ou insatisfaccións con estar so. Moitas veces non estamos cómodos coa soidade, e, sin embargo, esa soidade é positiva para nos.

2. Organiza as túas prioridades. Xeralmente ocupamos o noso tempo con cousas que non sentimos que nos están aportando, o que leva a que cando temos un tempo libre, ese tempo se convirte nunha necesidade de descanso, que nos impide desfrutar das relación cos demais de forma satisfactoria. Por iso é importante redistribuír o tempo e aproveitalo en cuestión relevantes e positivas para nos.

3. Coida a relación coas túas redes sociais. Por exemplo, é importante mostrar interese por como se atopan as túas amizades ou familiares, ofrecendo apoio se é preciso e estar pendente de determinadas festas ou datas importantes.

4. Cultiva as relación con persoas do entorno. A cercanía e compartir espazos en común facilita a conexión entre persoas. Saudar, preguntar como te atopas, permite iniciar conversas e enriquecer a relación.

5. Busca oportunidades para ampliar ou mellorar as túas conexión sociais. Ofrecer colaboración, acudir a reunións sociais, …

6. Non esquezas dar as grazas, e, se é preciso, pedir desculpas.

7. É importante ter empatía e ser conscientes das nosas necesidades, pero tamén das dos demais.

8. Evita manter relación tóxicas ou que produzan malestar. E tamén deberíamos ter en conta se estamos sendo negativos ou se so falamos do malo, se so falamos nos, ou se lle interrompemos sempre aos demais cando están a falar de si mesmos.

9. Toma distancia para ampliar conexión. Moitas veces é importante sacar a cabeza de contextos que non nos están axudando a sentirnos ben. A veces é mellor estar so que mal acompañado, e iso permítenos volver a conectar, pero con nos mesmos e con persoas que realmente nos axudan a atoparnos ben.

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions