Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Carmen Oca Aguiar, un exemplo de superación, empoderamento e emprendemento no rural.

"Recoméndolle a todas as mulleres do rural que se saquen o carnet de conducir".

"Os productos que facíamos na nosa nave de Berres chegáronse a vender en duascentas noventa tendas de todo o estado español".

"Negáronme un crédito, para facer unha nave, porque me iba a divorciar".

"O maltrato non é só que che peguen, é o desprecio, o menosprecio. O desprecio, velo. O menosprecio, síntelo".

Carmen Oca Aguiar, nacida na parroquia de Berres, autodidacta, artesá do coiro. Emigrou a Francia 3 anos, onde traballou montando lentes, pulíndo pulseiras e no servizo doméstico. Tamén estivo a traballar en Catalunya, concretamente en Barcelona nunha cadea cosendo e como seleccionadora de pezas en pel e coiro que se enviaban a Milán, onde ela era desprazada para recoller as pezas con algún defecto.

Volveu a Galicia e casou en 1968. Tivo unha filla e dous fillos, traballou para outros desde 1968 a 1996 sen estar asegurada. Facía de comercial sobre a mercadoría creada por ela mesma.

O vaivén da vida fai que a relación marital faga augas, chegando nalgún momento a situacións extremas, que propician o fin da relación, aínda que durante un tempo seguen compartindo o mesmo teito.

Inicia un camiño profesional, carga de débedas anteriores, pero en lugar de virse abaixo, reafírmase en seguir cara a adiante. Dificultades moitas, nada de facilidades, pero segue camiñando.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions