Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Kim Llobet sobre "La guía de la buena esposa".

Nos anos 50 do século XX publícase en España unha guía onde se propoñen regras de comportamento para agradar aos seus maridos.

“Ás veces non fai falta trasladarnos setenta anos atrás...”.

“Lamentablemente na actualidade aínda hai dinámicas que se asemellan a estas regras”.

“Pareceunos interesante traer esta guía para abrir un pouco de debate accerca da forma de relacionarnos no fogar”.

11 Regras para manter ao teu marido feliz: Sei a esposa que el sempre soñou.

1.Ten sempre lista a cea. Planea con tempo unha deliciosa cea para a súa chegada. Esta é unha forma de deixarlle saber que estiveches pensando nel e que che preocupan as súas necesidades. A maioría dos homes están famentos cando chegan a casa.

2. Loce fermosa! Descansa 5 minutos antes da súa chegada para que che atope fresca e relucente. Retoca a túa maquillaxe, ponche un listón no cabelo e loce o mellor posible. Lembra que tivo un día duro e só tratou con compañeiros de traballo.

3. Se doce e interesante. Unha das túas obrigacións é distraelo. O seu aburrido día de traballo quizá necesite mellorar. Ti debes facelo todo o posible para facelo.

4 .Arranxa a túa casa. Debe lucir impecable. Feixe unha última rolda polas principais áreas da casa, xusto antes de que o teu marido chegue. Levanta libros de escola, xoguetes, etc. E limpa cun plumero as mesas.

5. Faino sentir no paraíso. Durante os meses máis fríos debes prepararlle a cheminea antes da súa chegada. O teu marido sentirá que chegou a un paraíso de descanso e orde, isto levantarache o ánimo a ti tamén. Despois de todo, coidar da súa comodidade brindarache unha enorme satisfacción persoal.

6. Prepara aos nenos. Tómache uns minutos para arranxar aos nenos. Cepíllales o cabelo, lava as súas mans e cámbialles a roupa en caso de ser necesario. Son os seus pequenos tesouros e el quereraos ver relucentes.

7. Minimiza o ruído. Á hora da súa chegada apaga lavadora, secadora e aspiradora e tenta que os nenos estean calados. Pensa en todo o ruído que el tivo que soportar durante o seu pesado día de oficina.

8. Procura verche feliz. Regálalle un gran sorriso e mostra sinceridade no teu desexo de compracelo. A túa felicidade é a recompensa polo seu esforzo diario.

9. Escóitao. Poida que teñas unha ducia de cousas importantes que dicirlle, pero á súa chegada non é o mellor momento para falalas. Déixao falar antes, lembra que os seus temas son máis importantes que os teus.

10. Ponte nos seus zapatos. Non te queixes se chega tarde, se vai divertirse sen ti ou se non chega en toda a noite. Trata de entender o seu mundo de compromisos. Trata de entender o seu mundo de presión e compromisos, e a súa verdadeira necesidade de estar relaxado en casa.

11. Non te queixes! Non o satures con problemas insignificantes. Calquera problema teu, é un pequeno detalle comparado cos que el tivo que pasar.

Extra! Faino sentir ás súas anchas. Deixa que se acomode nunha cadeira de brazos ou se acomode na habitación. Ten unha bebida quente lista para el. Arranxa a súa almofada e ofrece quitarlle os seus zapatos. Fala con voz suave e pracenteira.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions