Escoita a entrevista a Henrique Sanfiz, presidente de AMEGA (Asociación de Medios en Galego), sobre a iniciativa da radionovela "Os incurabeis". Queren realizar 220 episodios de 7 minutos cada un e a súa emisión prolongaríase durante 10 meses. Impulsa o proxecto Son Radiofusión, asociación de amizade coa radio local.