Henrique SanFiz, presidente da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), fálanos do DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO 2022.

"Queremos "BOTAR A LINGUA A PACER", para que colla nutrientes e vitaminas, porque o galego precisa vitaminas".

"No mundo do galego pódese decir que a botella está medio chea ou medio baleira. É unha evidencia de que o idioma galego perde falantes cada día, pero tamén hai factores positivos como a existencia de 140 medios en galegos e a utlización do galego nas redes sociais".

"O galego tamén da para comer, debemos seguir na defensa da nosa lingua utilizando novos metodos, novas ferramentas, novas tecnoloxías e novos enfoques. Como fixeron, por exemplo, tanxugueiras. Reforzando a nosa identidade e chegando a mundos aos que non se contaba chegar".

A Asociación de Medios en Galego celebrará o Día dos Medios en Galego co roteiro ‘Compostela e a lingua’, que se desenvolverá en Santiago o próximo sábado 5 de febreiro e contará, entre outros, coa participación da poeta Rosalía Fernández Rial e a compañía de teatro Os Quinquilláns.

Baixo o lema ‘Bota a lingua a pacer’, iranse realizando paradas en lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma. O percorrido estará acompañado polo cuarteto da Asociación Cultural Panaraiada.

️O roteiro arrincará ás 11:30 horas diante do Salón Teatro, na Rúa Nova nº34. Alí Os Quinquilláns representarán unha pequena escena dunha das obras de Roberto Vidal Bolaño, conmemorando así o vinte aniversario so seu pasamento.

Despois, o roteiro continuará na Praza da Universidade, no antigo Restaurante El Asesino, onde o filósofo Antón Baamonde nos descubrirá a importancia dos faladoiros que había nos locais de hostalería composteláns en tempos de crise.

O escritor Bieito Iglesias será o encargado de vincular a relación entre a Universidade de Santiago de Compostela co galego, noutra parada que se realizará na Facultade de Xeografía e Historia.

Haberá tamén unha visita no Colexio de Santo Agostiño, onde a profesora Anxos García Fonte debullará a relación de Rosalía de Castro coa cidade.

Xa na praza de Cervantes, na Zona C, volverán actuar Os Quinquilláns, representando a peza ‘LanguagePlanning’, baseada nun dos relatos de ‘Madein Galiza’ de SéchuSende.

Para finalizar o acto, a carballesa Rosalía Fernández Rialfará un espectáculo poético-musical.

Inscricións
Para participar no roteiro ‘Compostela e a lingua’, no que colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, será necesario inscribirsea través do correo electrónico [email protected]

DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO

O Día dos Medios en Galego celébrase cada 7 de febreiro, trala súa declaración institucional no Parlamento de Galicia no ano 2018, co gallo da saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876.

✔️En 2018 celebrouse en Barallobre (Fene), nun acto no que interviron 25 persoas relacionadas coa nosa cultura e cos medios.

✔️En 2019 a gala tivo lugar en Pontevedra, e contou coa presencia de Touriñán e Ugia Pedreira.

✔️En 2020 o acto cultural celebrouse no Casino1889 de Carballo, coa dirección de Avelino González e a regueifeiraLupeBlanco, e a actuación da banda Terbutalina.

✔️En 2021 tocou facelo vía streaming, cun formato #LateNight presentado por Federico Pérez que tivo que ser adiado polas restricións sanitarias e que se emitiu o 20 de marzo polas canles de Youtube e Facebook da AMEGA, as radios municipais e Nós Televisión. Neste 2022 o evento celébrase por primeira vez na capital galega.

Con esta data festéxase o labor que realizan as as máis de 30 cabeceiras que forman a AMEGA e os máis de 140 medios que fan comunicación actualmente na nosa lingua.

Máis Información dos MEDIOS EN GALEGO:

✔️Páxina Web: https://mediosengalego.gal/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/mediosengalego

✔️Twitter: https://twitter.com/mediosengalego

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCKytKQZN_OxpSxNbHuSx5BQ

✔️Twich: https://www.twitch.tv/amegaoficial

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions