Fran Campos presenta a nova produción de BANDULLO AZUL, dirixida por FRAN AMEIXEIRAS e interpretada por FRAN CAMPOS.

"MESTRE MA NON TROPPO" é "Comedia triste" que xira arredor da "poética do fracaso". Mestre, que convive coa súa cadeliña "Bequi" e a súa asistenta dixital "Nucha", (modelo Galexa 4.0), leva moitos anos sin tocar a guitarra, (concretamente dende o 2 de febreiro de 1993). A frustración, (xunto con outros condimentos fatais), canalizados sobre o Mestre, marcaron a lume un trauma que o acompaña día a día e que lle impide gozar do que máis ama: a guitarra. Coa axuda das súas "compañeiras", terá que loitar contra os seus demos e medos, sempre coa "mirada" posta na guitarra e o trauma "resoando" na súa cabeza. Pequenos, (grandes), traumas que podemos chegar a recoñecer en nos mesmos.

Mestre ma non troppo é unha comedia cun ton amargo, un sorriso acedo que nos acompaña de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia actuación e sobre as falsas metas que nos impón a sociedade. Un espectáculo centrado na poética do fracaso, unha comedia que rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público.

"Mestre ma non troppo" pretende acompañarnos de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia "actuación" e sobre as nosas metas.

Entre xogos, lembranzas e loitas... a música está moi presente. En escena inclúense obras de guitarristas e compositores "clásicos" destacados:
Francisco Tárrega, Heitor Villa-Lobos, Gáspar Sanz, Jorge Cardoso, Leo Brower, Bach, Vivaldi...

Máis Información de BANDULLO AZUL:

✔️Páxina Web: https://www.bandulloazul.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/isabel.risco

✔️Twitter: https://twitter.com/BandulloAzul

Contratación:

✔️Correo: [email protected]

✔️Teléfono: 981582836

✔️Páxina Web: https://www.culturactiva.org/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/culturactiva.scg

✔️Twitter: @culturactivaSCG

✔️Instagram: https://www.instagram.com/culturactiva_coop/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions