Falo con Sara Valcárcel, ilustradora de XE. XE, é un álbum de Lara Boubeta Bamio, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser.

"XE é un libro que fala sobre a liberdade, sobre a liberdade de buscar o camiño propio, fala de abrazar a diversidade".

"Ilustro dende a liberdade, sen ser literal, deixando que a imaxinación da rapazada completen a obra".

"O máis bonito de traballar en proxectos así é o que se aprende de outras temáticas".

Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, expoñen a necesidade de fuxir do canon social, do politicamente correcto, para atopar a propia esencia. Esta obra representa a búsqueda da liberdade e, sobre todo, da identidade persoal.

Unha identidade que fuxe dos mandatos ou expectativas sociais, e que abraza o propio sentimento individual. Xe é un exemplo de reivindicación e exposición da realidade das persoas intersexuais. Un libro que busca xerar un espazo seguro no que visibilizar e achegar a diversidade dende as idades máis temperás. Un lugar no que xerar debate e facernos a preguntas.

Sara Valcárcel (A Estrada, 1994) é unha creativa multidisciplinar que compaxina o seu traballo como responsable de Comunicación na Editorial Galaxia coas súas paixóns artísticas, entre as que destaca o seu proxecto Noaltodopoleiro.

O seu universo comprende a ilustración, o deseño e a fotografía. A súa vocación polas artes visuais levouna a traballar nelas e adaptalas ao mundo real, creando o seu propio estilo.

Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e está especializada en Dirección de Arte Publicitaria. Tivo a oportunidade de formarse en cidades coma Bos Aires ou Berlín, ambas as dúas grandes experiencias que ampliaron a súa visión do mundo e ensináronlle a mirar desde prismas completamente diferentes, os cales aplica á hora de traballar.

No ámbito editorial, ilustrou “O libro secreto da filosofía”, de José Carou (Editorial Galaxia, 2023), “Xe”, de Lara Boubeta Bamio (Editorial Galaxia, 2023), “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021), “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015).

Lara Boubeta Bamio (Cangas, 1994) É mestra a tempo completo e escritora cando pode. O seu activismo polos dereitos LGBTIQA+ levouna a unir estas dúas facetas e a loitar por medio da palabra. É así como nace Xe, unha reflexión sobre o xénero adaptada ás infancias.

Ten unha relación complexa coa poesía que comparte nas redes por medio de @sentimentos_con_sentidos. Grazas a esta, obtivo recoñecementos en diversos certames como o do Concello de Ames ou o III Certame de poesía LGBT+ de AvanteLGBT+ Compostela.

Máis Información de SARA VALCARCEL:

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/noaltodopoleiro.NP

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/saravalcarcel_/?fbclid=IwAR1KhmpUq6EKFePA6Bopc7al0_YLvROnnlMPdGIFOBHClAH_bUTEhw7vtbE

✔️ Linkedin: https://es.linkedin.com/in/sara-valcarcel

Máis Información LARA BOUBETA:

✔️Twitter: https://twitter.com/LaraBoubeta94

✔️Instagram: https://www.instagram.com/lara_laranxa/

✔️ SoundCloud: https://soundcloud.com/lara_boubeta

Máis Información EDITORIAL GALAXIA:

✔️Páxina Web: https://editorialgalaxia.gal/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/falamos.delibros

✔️Twitter: https://twitter.com/EdGalaxia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/galaxiaeditorial/?hl=en

Máis Información de SARA VALCARCEL:

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions