Cada xoves, con Kim LLobet, abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos da Asociación Avelina Valladares e do día internacional da Muller Rural “Falando entre nos da Economía Social”.

Cada vez mais esta forma de entender a economía cobra relevancia polo compromiso co desenvolvemento local, ca igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, ca cohesión social, ca inserción das persoas en risco de exclusión social, ca xeración de traballo estable e de calidade, ca conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ca sostibilidade e ca promoción da solidaridade interna e ca sociedade.

“Pensamos que a economéa social é interesante porque é outra forma de facer empresa, e facer unha empresa viable”

“A economía social é como un intermedio entre o privado e o público, e é interesante coñecer experiencias dentro destas entidades”

“As poñentes son mulleres que teñen en marcha proxectos de economía social”.

A configuración actual da Economía Social española vén marcada pola aprobación da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social, que sen ningunha dúbida supuxo un punto de inflexión sen precedentes para o recoñecemento, visibilidade e desenvolvemento do Sector, tanto dentro do propio Estado como da Unión Europea. Recentemente, a aprobación da Lei 31/2015, do 9 de setembro, pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e adóptanse medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social, veu a completar este marco normativo establecendo medidas de desenvolvemento e Fomento da Economía social española.

O propio texto da Lei define á Economía Social como o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que, de conformidade cos seguintes principios, perseguen o interese xeral económico ou social, ou ambos.

Os principios que orientan á Economía Social en España son:

- Primacía das persoas e do fin social sobre o capital, que se concreta en xestión autónoma e transparente, democrática e participativa, que leva a priorizar a toma de decisións máis en función das persoas e as súas achegas de traballo e servizos prestados á entidade ou en función do fin social, que en relación ás súas achegas ao capital social.

- Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica principalmente en función do traballo achegado e servizo ou actividade realizada polas socias e socios ou polos seus membros e, no seu caso, ao fin social obxecto da entidade.

- Promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a inserción de persoas en risco de exclusión social, a xeración de emprego estable e de calidade, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a sustentabilidade.

- Independencia respecto a os poderes públicos.

Así mesmo, segundo establece a Lei, forman parte deste conxunto empresarial e diverso que é a Economía Social as seguintes entidades:

As cooperativas: A cooperativa é unha forma de organización empresarial baseada na estrutura e funcionamento democráticos. A súa actividade desenvólvese atendendo aos principios cooperativos, aceptados e regulados nos ámbitos autonómico, estatal e internacional: a adhesión voluntaria e aberta dos socios, a xestión democrática, a participación económica dos socios, a educación, formación e información e o interese pola comunidade.

As sociedades Laborais: As sociedades laborais han mostrado un alto potencial de xeración de empresas. Neste tipo de empresas, o capital social pertence maioritariamente aos traballadores. O feito de que os traballadores sexan socios, favorece a automotivación á hora de afrontar os proxectos. O mínimo requirido é de tres e, os trámites de constitución son similares aos de calquera outra sociedade mercantil.

As mutualidades: Son sociedades de persoas, sen ánimo de lucro, de estrutura e xestión democrática, que exercen unha actividade aseguradora de carácter voluntario, complementaria do sistema de previsión da Seguridade Social.

Os Centros Especiais de Emprego: Son empresas que compatibilizan a viabilidade económica e a súa participación no mercado co seu compromiso social cara a colectivos con menores oportunidades no mercado de traballo. O seu persoal está constituída polo maior número de persoas con discapacidade (cuxo número non pode ser inferior ao 70% respecto do total dos traballadores). Desenvolven unha capacidade produtiva e competitiva que lles permite introducir os seus produtos no mercado.

As empresas de inserción defínense como “estruturas de aprendizaxe, en forma mercantil, cuxa finalidade é a de posibilitar o acceso ao emprego de colectivos desfavorecidos, mediante o desenvolvemento dunha actividade produtiva, para o que, deséñase un proceso de inserción, establecéndose durante o mesmo unha relación laboral convencional”. No seu persoal deben ter unha porcentaxe de traballadores en inserción, que dependendo de cada Comunidade Autónoma, oscilará entre o 30% e o 60%. O 80% dos resultados reinvístese na empresa.

As Confrarías de Pescadores: son corporacións de dereito público sectoriais, sen ánimo de lucro, representativa de intereses económicos de armadores de buques de pesca e de traballadores do sector extractivo, que actúan como órganos de consulta e colaboración das administracións competentes en materia de pesca marítima e de ordenación do sector pesqueiro, cuxa xestión se desenvolve co fin de satisfacer as necesidades e intereses dos seus socios, co compromiso de contribuír ao desenvolvemento local, a cohesión social e a sustentabilidade.

As asociacións vinculadas ao movemento da discapacidade e da inserción de persoas en exclusión. As principais características deste movemento asociativo céntrase en prestar servizos alí onde o sector lucrativo falla na súa provisión, que ademais adoita coincidir con aqueles sectores nos que se satisfán dereitos fundamentais, sobre todo no seu acceso a colectivos especialmente vulnerables, como as persoas con disparidade. Son tamén acenos de identidade a capacidade de innovación para satisfacer os problemas que xorden na sociedade, e a defensa de cambios sociais, legais, administrativos, ou doutro tipo, sempre en defensa dos dereitos e as liberdades das persoas con discapacidade, con base no respecto á diversidade, a pluralidade e a tolerancia.

As fundacións: son organizacións constituídas sen fin de lucro que, por vontade dos seus creadores, teñen afectado o seu patrimonio de modo duradeiro á realización dun fin de interese xeral. As fundacións de Economía Social deben cumprir taxativamente os principios da Economía Social citados, e que recolle a Lei 5/2011.

En definitiva, a empresa de Economía Social é un claro exemplo de como a racionalidade e o progreso social son compatibles, de como a eficiencia empresarial pode convivir coa responsabilidade social. De como outra forma de facer empresa é posible.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions