Cada xoves, con Kim LLobet, abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Ramiro Ruibal, xerente do GDR Terras de Pontevedra Norte.

MESA DA MULLER E A MOCIDADE:

Vanse definir as estrategías LEADER para o territorio no período 2023-2027. O Concello da Estrada, MR Avelina Valladares e o GDR Terras Pontevedra Norte, promoven proceso participativo nun encontro que tendra lugar o xoves 20 de outubro ás 19.00h no Museo do Moble e dá Madeira da Estrada.

“Nós, dentro do proceso que estamos preparando para o próximo período, apostamos por unha xunta directiva na que a maioría son mulleres”

“O 17% do noso presuposto vai adicado ao investimento do tecido asociativo. No período anterior tiñan máis puntuación as asociacións de mulleres”

“As asociación de mulleres son unha parte importante á hora de escoitalas e de intentar reflexar na nosa estratexia futura as cousas que son prioritarias ou non”

A Asociación de Desenvolvemento Rural TERRAS DE PONTEVEDRA NORTE, naceu en Lalín en agosto de 2008. Foi creada por representantes de entidades, colectivos e institucións dedicadas a dinamización e desenvolvemento socioeconómico, tanto do ámbito público como privado, dun territorio de marcado carácter rural, para xestionar e canalizar os recursos que desde as administracións competentes se asignaron para o desenvolvemento rural do territorio entre os anos 2008 e 2015.

E unha asociación sen ánimo de lucro, polo que os beneficios que se obteñan por calquera concepto, destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociación.

En canto ao servizo que ofrece é de carácter técnico-profesional, cun asesoramento personalizado para a posta en marcha de proxectos promovidos por emprendedores como por entidades non lucrativas de carácter social que pretendan iniciar unha actividade ou poñer en marcha un proxecto.

A asociación formouse para converterse en entidade colaboradora e entidade beneficiaria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural –AGADER no marco do programa Leader de Galicia 2007-2013 na Comarca de Deza ou doutros programas operativos que puideran desenvolverse na zona.

Xa no ano 2016, a asociación ampliou o seu ámbito territorial para converterse novamente en entidade colaboradora de AGADER para a execución do Leader de Galicia 2014-2020.

A asociación fixa o seu domicilio social no Polígono Industrial Lalin 2000, Rúa E sn 36519, Lalín, Pontevedra e terá un ámbito de actuación preferente nos concellos de AGOLADA, A ESTRADA, DOZÓN, FORCAREI, LALÍN, RODEIRO, SILLEDA E VILA DE CRUCES, na provincia de Pontevedra, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.

Máis Información do GDR Terras de Pontevedra Norte:

✔️ Páxina Web: https://ponorte.com/en/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/gdrpontevedranorte/

✔️ Twitter: https://twitter.com/gdrponorte

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

Twitter Mentions