Falo con Olga Osorio, directora da longametraxe "SALTA".

"Aínda que é unha historia moi fantástica, con viaxes no tempo. É moi realista e a xente sae moi emociada do cine, porque se recoñece".

"É unha película que reivindica a importancia de entender de onde ves, de que quen te criou".

"Hai un uso bastante narrativo da lingua, sobre todo na personaxe de Mabel Rivera".

SALTA! é unha película que nace a partir da curtametraxe Einstein-Rosen (ver curtametraxe ), que Olga rodou en 2016 cos seus fillos Óscar e Teo, que se chaman, non por casualidade, como os protagonistas da película. A curtametraxe nace como unha broma familiar, sen ningún tipo de ambición, pero percorreu medio mundo, gañou máis de sesenta premios internacionais e sobre todo, foi a constatación de que desde a aparente simplicidade contiña algunhas ideas que conectaban moi ben co público de todo o mundo.

O tema esencial, que xa está na curta, é a relación de dous irmáns, probablemente una das máis especiais que existen. A película fala sobre os roles familiares e tamén acerca do difícil que pode chegar a ser entendernos e comunicarnos coas persoas que máis queremos. O ingrediente das viaxes no tempo permítenos incorporar os 'e se' e tamén facer un exercicio de nostalxia.

A este asunto central súmanse outros que tamén están na película e cos que creo que os espectadores van poder conectar como a vellez ou a ciencia.

Trailer "SALTA": https://www.youtube.com/watch?v=Z49-b9GFhyY

Sinopse: A Coruña, xullo 1989. Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio. Teo é futboleiro e un pouco traveso, Óscar un sabelotodo que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lida á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buracos de verme.

Curtametraxe "EINSTEIN-ROSEN": https://www.youtube.com/watch?v=BVfxjKxvd5k

MÁIS INFORMACIÓN "OLGA OSORIO":

✔️ Páxina web: https://olgaosorio.com/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/olgosorio

✔️Twitter: https://twitter.com/OsorioOlga

✔️Instagram: https://www.instagram.com/olgaosorio/?hl=en

✔️Youtube: https://www.youtube.com/@OlgaOsorioIglesias

✔️MÁIS ENTREVISTAS Olga Osorio: https://www.youtube.com/results?search_query=entrevista+olga+osorio+

MÁIS INFORMACIÓN "VACA FILMS": https://www.vacafilms.com/en/home/

MÁIS INFORMACIÓN "A CONTRACORRIENTE FILMS": https://www.acontracorrientefilms.com/home

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions