A Grande Amore gústalles o rock & roll, os sintetizadores, as caixas de ritmos e as guitarras. Este sábado presentan o seu segundo albúm "II", na Sala Malatesta de Santiago de Compostela. Con todo iso, fan música rápida e chea de graves, como a vida mesma. Tamén gritan, súan e bailan e, a maioría de veces, pásano en grande. (próximos concertos e escoita o disco )

"O que máis tempo e esforzo lle adico é a facer as letras e a preparar os directos, é no que máis poño de min".

"Cando a xente me di que as letras ou os directos lles gustan, síntome como o meu avó cando lle din que ten uns tomates ben bonitos".

""Eu son a noite" é a canción que máis me gusta das que fixen. Gústame como se fose unha canción dun dos grupos que me gusta".

"A nosa música ten unha acollida tranversal que nos sorprende moito, recibimos unha gran cantidade de cariño da xente".

Grande Amore reinventa o hastío vital con ‘II’, o seu novo disco
Un disco cru. Directo. Con letras e música afiadas.

‘II’ presenta influencias que van desde o punk ata o black metal, pasando pola música industrial, todo adaptado ao formato electrónico de Grande Amore.

II’ xa está aquí. Por fin. ‘II’ é o esperado segundo disco de Grande Amore, o proxecto de Nuno Pico xunto a Clara Redondo e mariagrep. 10 temas que non deixarán a ninguén indiferente. O éxito dos catro adiantos coñecidos ata o de agora, ‘Pelexa’, ‘Do meu corpo van nacer outros corpos’, ‘Onde ela me quer levar’ e ‘Ben Sabe Deus Que Ou Intentei’, xa confirmou o salto de Grande Amore como artista, pero agora podemos comprobar que aínda podía ir un paso máis aló. É capaz de facer que todo sáeche polo aire. ‘II’, editado por Ernie Records, é un disco que engule; imposible non deixarse arrastrar.

A proposta electrónica de Grande Amore en ‘II’ abárcao todo. Rock industrial, punk, black metal… Inviable poñerlle unha soa etiqueta, todas quedan curtas. Tampouco pode se comparar a nada, Grande Amore é único. Divírtese. Xoga co rock, as caixas de ritmos, os sintetizadores, pon a bailar ás guitarras… E cántalle á vida; a isto que se converteu case en costumismo cotián, pero que non é outra cousa que hastío xeral. A rutina de estar cansa, de non poder máis. Toda esa rabia e ese malestar son a semente coa que rebusca en nós; represéntanos, gritamos con el e fainos tolear; non podemos parar de saltar.

Nuno Pico contou con Carlangas para a produción deste traballo; eles querían facer un disco de rock, con bandas como Motorhead, Stooges ou Ramones como referentes, pero engadindo caixas de ritmos e sintetizadores; o resultado é indescritible; só cabe escoitar o disco, gritalo, bailalo, quedar a vivir nel.

As voces de ‘II’ foron gravadas por Raúl Pérez na Mina; tamén el correu a cargo da mestura. O máster foi realizado por Cem Oral en Jammin’ Masters.

‘II’ comeza con ‘Foi todo verdá’ a modo de intro, e rapidamente dá paso a ‘Fumando espero’, un tema no que Grande Amore ensina as cartas; vai con todo, é unha máquina de hits e este disco é a proba definitiva.

En ‘Anos 20’, Nuno déixase a vida. «Todo é pouco, todo é demasiado» canta, e é que así sucede exactamente neste tema, que sendo enorme, queda curto. Queremos máis, e chega ‘Pelexa’ para lembrarnos que «naide ten piso, naide ten traballo», que todo é unha merda, que xa está ben. Que queremos gritar. É esgotador ter que loitar por todo, é terrible ter que facelo todo o intre. Necesitamos aire.

Grande Amore actúa como desfibrilador e o tema ‘Indo Pa Cristo’ é a seguinte descarga eléctrica; ‘Ben Sabe Deus Que Ou Intentei’ é xa un himno que marcou un antes e un despois nos directos. Un subidón que nos leva todo o máis alto e dános un pouco de paz; e é aquí cando a engrenaxe do disco fai a súa maxia porque ‘Onde Ela Me Quer Levar’ volve elevarnos. A adrenalina do amor plasmada no compás.

‘Necesito Estar Borracho’ abrázanos e acompáñanos nesa necesidade recorrente de abstraernos dunha realidade insoportable, e a auténtica psicodelia chega con ‘Do Meu Corpo Van Nacer Outros Corpos’. O broche de ouro pono ‘Eu Son A Noite’, o tema que pecha o disco. «Eu son a noite, eu son a festa» é a última frase, e serve perfectamente para resumir este traballo. ‘II’ é #incontido, pura forza.

O lanzamento de ‘II’ é un agasallo, porque é un disco capaz de redimirnos, un milagre só ao alcance de Grande Amore.

PRÓXIMOS CONCIERTOS:

22.09 Sala Malatesta - SANTIAGO DE COMPOSTELA

06.10 Arrecife en Vivo - LANZAROTE

07.10 San Froilán - LUGO

21.10 OurFest - OURENSE

27.10 O Castañazo - CHANTADA

22.12 Sala Espacio Vías - LEÓN

23.12 La Salvaje - OVIEDO

20.01 Inverfest (Sala El Sol) - MADRID

ESCOITA O DISCO: https://ernierecords.lnk.to/grandeamore-ii

Máis Información GRANDE AMORE:

Premio Martín Códax 2022

✔️Facebook: https://www.facebook.com/grande.amore.grande.amore

✔️Twitter: https://twitter.com/Grande_Amore_OG

✔️Instagram: https://www.instagram.com/grande.amore.grande.amore/

✔️Twich: https://www.twitch.tv/grandeamoretv

✔️Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/artist/1FVM2KsOjbVwhAYApEhSzQ?si=XpsS9OVrRriXkm8PKhqNMg&nd=1

✔️YouTube: https://www.youtube.com/c/grandeamoregrandeamore

Máis Información ERNIE RECORDS:

✔️Páxina Web: https://ernierecords.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/ernierecords/

✔️Twitter: https://twitter.com/ernierecords

✔️Instagram: https://www.instagram.com/ernierecords/

✔️Spotify: https://open.spotify.com/user/ernieproducciones%7Crecords?si=eo_FfTlVQ1G6a5NqHLVNCw&utm_source=whatsapp&nd=1

✔️YouTube: https://www.youtube.com/c/ernierecords

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions