Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos do matrimonio

"O matrimonio ten efectos positivos na saúde e máis en maiores de 40 anos".

"É fundamental aprender tamén a desligarse, a saber que as relacións de parella poden rematar e que isto non implica que se elimine o amor".

"Os casados son máis saudables que os solteiros. Isto é así porque hai unha maior probabilidade de ter un seguro médico, de facerse máis controis preventivos ou, incluso de ter máis probabilidade de deixar de fumar".

HISTORIA

A primeira voda da historia foi documentada en Mesopotamia no ano 4000 a.C. Sen embargo, foron os exipcios os primeiros en concibir a idea dun matrimonio legal.

En España o matrimonio civil estivo prohibido dende 1564 ata 1970, sendo o relixioso o único lexítimo. Despois da aprobación da Lei Provisional do Matrimonio Civil en 1870 isto cambiou e a partir de 1875 o matrimonio civil foi considerado algo excepcional, pero legal.

Actualmente, so unha de cada 10 vodas é relixiosas, segundo o INE. É dicir, en 2020, 9 de cada 10 matrimonios foron civís (80.774). Un dato interesante é que fai 20 anos, houbo en España 163.000 vodas católicas, fronte ás 10.000 de 2020.

Ademais, os matrimonios caeron, dende 1975, un 45%, e España está a ser o terceiro país de Europa con menos vodas.

2010: 170.440 matrimonios
2019: 166.530 matrimonios
2021: 147.900 matrimonios
2022: 189.000 matrimonios

Pese a esta tendencia descendente, segue habendo un número importante de persoas que deciden pasar polo altar, aínda que cada vez o fan máis tarde. Na última década pasou de casarse nunha media de 33 anos a 36,7 anos en mulleres, e de 36 a 39,5 anos no caso dos homes. Isto é debido, en parte, ás segundas nupcias.

DIVORCIOS, SEPARACIÓNS E NULIDADES

Este aumento de segundas nupcias está relacionado co alto número de separación, nulidades e divorcios. Dende que en 1981 se celebrase o primeiro divorcio en España, o número foi aumentando. Ata 2005 había que alegar unha causa para lograr o divorcio, pero a partir deste ano o único requisito para facelo é que pasasen polo menos 3 meses dende o matrimonio.

A duración media dos matrimonios en España é, en 2020 (datos do INE), DE 16,5 anos.

En 2021 houbo 90.582 separacións, nulidades e divorcios. Nos casos dos divorcios, houbo unha rubida do 12,5% con respecto ao ano anterior.

O momento vital no que máis persoas se divorcian vai dende os 40 aos 49 anos. O 43,2% das parellas non teñen fillos, e o 45,2% teñen fillos menores de idade. Neste caso, o 43,1% se terminaron con custodia compartida.

O proceso de resolución do divorcio foi no 74,4% dos casos de menos de 6 meses, mentres que no 10,8% durou un ano ou máis.

No caso das separacións, no 82,9% dos casos resolveuse en menos de 6 meses, e no 5,9% en máis dun ano.

O tempo vese reducido cando a separación ou divorcio é de mutuo acordo (3,2 meses cando hai acordo, fronte aos 11,9 meses cando non o hai).

¿BENEFICIOS DO MATRIMONIO OU DA PROPIA CONVIVENCIA?

Segundo estudos, o matrimonio ten efectos positivos na saúde e máis en maiores de 40 anos. O seu beneficio débese ao papel que xoga cada membro da parella ao procurar que o outro se cure. Segundo un estudio do Departamento de Economía e Historia Económica da Universidade Autónoma de Barcelona, os casados son máis saudables que os solteiros. Isto é así porque hai unha maior probabilidade de ter un seguro médico, de facerse máis controis preventivos ou, incluso de ter máis probabilidade de deixar de fumar, polo apoio da outra parte no proceso. Sen embargo, neste estudio considérase que este efecto é máis visible a partir dos 40-50 anos, mentres que anteriormente non se observa tanta diferencia entre solteiros e casados.

Nun ensaio publicado pola Oficina Nacional de Investigación Económica, tamén se conclúe que estar casado fai que as persoas sexan máis felices e estean satisfeitas coa súa vida que as solteiras, en particular durante os períodos estresantes.

Sen embargo, esta é unha área na que se require máis investigación, xa que parece que realmente o beneficio aparece tamén en persoas que conviven con outras.

A maioría dos estudos non teñen en conta parellas homosexuais, nin parellas reconstituídas, poucas parellas en segundas nupcias, ... Hai que valorar máis e ver realmente se o beneficio se trata pola propia convivencia, pola preocupación dun polo outro, por ter unha ampla rede social de apoio ou pola capacidade económica de dúas persoas unidas en lugar dunha soa.

❤️O AMOR REMATA E PODEMOS RECONVERTILO

O comezo do matrimonio supón unha etapa feliz e satisfactoria, con amplos beneficios, pero cando nos unimos a alguén tamén temos que ter en conta que isto pode rematar. Coñecer os mitos do amor romántico, saber as condicións que poden favorecer a unha boa relación e convivencia pode facilitar o compartir a vida con outra persoa. É fundamental aprender tamén a desligarse, a saber que as relacións de parella poden rematar e que isto non implica que se elimine o amor, ou que sexa un “fracaso” senón que a relación dun tipo determinado rematou para poder deixar paso a outra, que, aínda que nunha gran porcentaxe non é así, pode ser positiva, respectuosa e incluso afectiva.

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions