A Asociación Igualdade e Mulleres da Estrada achéganos diferentes proxectos e novas relacionados coa igualdade.

Hoxe falamos con Francisco Castro Veloso, escritor do libro "O cemiterio de barcos" Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades. E na que Lucía, a protagonista, vén de saír dunha relación tóxica e violenta.

"Lucía que é a rapaza protagonista está atrapada nunha relación tóxica, ela non se decata, ao principio de que todo ese mundo controlador ao que a ten sometida o seu noivo é algo nocivo ".

"Hai unha chea de rapazas e rapaces que consideran que controlar o móbil da parella é un xesto de amor, cando en realidade é un acto violento".

"Unha das grandes leccións do libro é que se pode ser home doutras maneiras, non hai porque ser home dende a testosterona, a violencia ou a imposición... Hai outras maneiras de ser home".

Francisco Castro (Vigo, 1966) director xeral da Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10', obra que recibiría o Premio Frei Martín Sarmiento en 2016. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

Máis Información “FRANCISCO CASTRO”:

✔️ Páxina Web: https://editorialgalaxia.gal/autor/francisco-castro/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/franciscocastroveloso2

✔️ Twitter: https://twitter.com/chamademesimbad

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/franciscocastroveloso/

Máis Información EDITORIAL GALAXIA:

✔️Páxina Web: https://editorialgalaxia.gal/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/falamos.delibros

✔️Twitter: https://twitter.com/EdGalaxia

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/search/top?q=igualdade%20na%20rede

✔️ Twitter: @igualdadenarede

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions