Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos da utlización de Apps para buscar parella.

"Para moitas persoas o proceso de búsqueda de citas e da persoa idónea está a modificar a propia autoestima".

"Segundo a app Bumble, o 42% das persoas enquisadas sufriron ghosting nalgún momento, e o 22% asume telo feito".

"Debemos pensar que detrás das fotos hai persoas con sentimientos, pensamentos, necesidades, medos,… é dicir, debemos PERSONALIZAR".

En setembro de 2012 naceu Tinder, e con cambiou totalmente as nosas formas de relacionarnos e incluso de coñecer xente. Despois de nacer Tinder incluso cambiou a nosa linguaxe, incluíndo termos como o xa moi coñecido e empregado “Gosthing”), que é unha forma de chamar ao “marchou a por tabaco” de toda a vida”.

Cando cumpliu 10 anos, Tinder xa fora descargado 530 millóns de veces, e isto foi da man da robotización das potenciais parellas.

Para moitas persoas o proceso de búsqueda de citas e da persoa idónea está a modificar a propia autoestima, está a xerar ansiedade e está a levar a que as persoas se hipersexualicen. Convírtese nunha batalla da inmediatez, onde directamente se ten que conseguir que na primeira cita a persoa nos enamore e a enamoremos, á vez que teñamos unha compenetración sexual perfecta: ese match desexado, que non é so o do swip á dereita que se da na aplicación.

Ademais, produce en moitos casos unha ansiedade anticipatoria do abandono, ou unha preparación para que este se dea, pola falta de empatía ou a frialdade que xa nos transmite ese tipo de quedadas ou primeiras citas, nas que xa non pensamos na outra persoa como “persoa” senon máis ben como unha máis na nosa lista. Parece que xa non é suficiente con que dúas persoas se gusten, senon que agora, ademáis diso, deberíase ter esa charla incómoda de “¿Qué somos?” nun momento cercano ao comezo, xa que se crean moitas dúbidas.

Digamos que as principais palabras das que temos que falar á hora de pensar nas relación emocionais, amorosas e sexuais sería o de SUPERFICIALIDADE e TEMPORALIDADE. Son relación líquidas, que se combinan co individualismo, na que estamos sempre nos mesmos no centro do universo. Pensamos en se nos estamos agusto, se queremos quedar de novo cos demais, se nos atrae a outra persoa o suficiente, se nos sentimos cómodos na conversa, en lugar de pensar con bidireccionalidade.

Segundo a app Bumble, o 42% das persoas enquisadas sufriron ghosting nalgún momento, e o 22% asume telo feito.

Mentres na vida real sería raro marchar da cita no medio da mesma, e buscaríamos mil excusas para facelo (como a típica chamada do amigo), nas apps, co seu “anonimato”, é moito máis sinxelo facelo. Pero iso non significa que non doia moito, case o mesmo, recibilo. Xa que a xestión emocional custa. Evitar o conflicto, o medo ao rexeitamento, … seguen a ser complicados de tolerar a pesar da dixitalización.

❤️O feito de convertir a búsqueda do amor nun xogo fai que moitas veces a responsabilidade afectiva se reduza, e a que tratemos aos demais como obxectos.

Polo tanto:

✔️ Debemos pensar que detrás das fotos hai persoas con sentimientos, pensamentos, necesidades, medos,… é dicir, debemos PERSONALIZAR.

✔️ Se nos sentimos ben con este tipo de relacións, non hai problema en estar nestas apps, pero se vemos que nos doe o que sucede ou queremos algo diferente, debemos recordar que existen otras maneiras de buscar o amor.

✔️ A inmediatez pode atraer, pero non podemos vivir so dela. Hai cousas que incluso a través das apps temos que facelas lentas e conseguiremos un bo resultado

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions