Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Susana García, modista dos Xenerais da Ulla.

“No ano 2014 Luis Montáns fixo un curso de confección de traxes de Xenerais e desde aquela foi cando comecei a coser e a formarme nunha academia”.

“Empezo en setembro a facer os traxes dos Xenerais, xa teño encargos para o ano que ven. Hai días que me doen moito os dedos de tanto coser”.

“Actualmente estou dando citas para despois de marzo, porque non teño sitio para máis traballo de confección”.

Susana ten o seu propio taller de confección situado en Santeles, A Estrada. Especialista no deseño, patronaxe e confección de todo tipo de pezas: vestidos, pantalóns, saias, camisas, chaquetas, etc. Arranxos de roupa... Ven de tomar o relevo do mítico xastre Luis Montáns, na confeccións dos tradicionais traxes dos Xenerais da Ulla.

O entroido dos Xenerais é privativo da comarca natural da Ulla, en concreto dos concellos de Boqueixón (parroquias de Lestedo e Sergude), A Estrada (Cora, Couso, Paradela, Santa Cristina de Vea e Santeles), Santiago de Compostela (Aríns, Marrozos, O Eixo), Silleda (A Bandeira, Dornelas, Lamela), Teo (Bamonde, Cacheiras, Lucí, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Vilariño, Teo), Touro (Bama, Fao, San Xoán de Touro), Vedra (Illobre, San Xián de Sales, Trobe, Vedra e Vilanova), Vila de Cruces (Merza, Piloño, Salgueiros). Tamén se celebra na parroquia padronesa de Carcacía. Antigamente había así mesmo xenerais da ulla noutras parroquias onde hoxe se perdeu a tradición, como San Mamede de Ribadulla e San Miguel de Sarandón en Vedra, Gres e Brandariz en Vila de Cruces e Ledesma en Boqueixón, entre outras. En ningún outro lugar de Galicia, nin que se saiba de España nin de Europa Occidental, hai nada semellante.

Máis Información de SUSANA GARCÍA MODISTA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/people/Susana-Garc%C3%ADa-Modista/100066682063859/

✔️Instagram: https://www.instagram.com/susanagarciamodista/

☎️ (+34)626615285

https://www.paxinasgalegas.es/susana-garcia-648725em.html

Máis Información dos XENERAIS DA ULLA:

✔️ Páxina Web: https://xeneraisdaulla.gal/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/xeneraisdaulla.entroido

✔️ Twitter: https://twitter.com/xeneraisdaulla

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/xeneraisdaulla/

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions