Cada xoves abrimos unha fiestra para a igualdade e a muller no rural. Hoxe falamos con dúas das galardoadas, este ano pola, Aso de Mulleres Rurais Avelina Valladares.

A asociación Mulleres Rurais Avelina Valladares leva xa trece anos agradecendo a contribución das mulleres estradenses que van pola vida deixando pegada. Este ano a homenaxe será para Rosa Carracedo Sánchez, Sabina Chedas Otero, Rosa Rey Chao e Mónica rei García.

Sabina Chedas "Emigramos a Venezuela deixando unha nena de dous anos, aquí. E debendo o viaxe. Chegei a dirixir unha fábrica con corenta empregados".

Mónica García "Miña nai tivo moita forza como muller para tomar decisións, e eu véxome reflexada nela".

8 de marzo
17:30h
️ Cafetería Ananás, A Estrada

Sabina Chedas Otero naceu na parroquia de Ouzande e é a menor de sete irmáns. Ao casar foi vivir a Ordes e tras uns anos emigrou a Venezuela co seu marido, deixando á súa única filla ao coidado da súa nai e dunha irmá. A súa ilusión era gañar o suficiente para ter unha casa propia, así que iniciou a súa propia aventura profesional. Comprou unha máquina de coser e púxose a confeccionar camisas. Con outras dúas socias emprendeu a creación dunha sociedade que puxo en marcha unha fábrica bautizada como Saroca, un nome que nacía da conxugación das dúas primeiras letras do nome de cada unha. Recibían as pezas cortadas e encargábanse de coselas e levalas ás tendas para a súa venda. Cando puido, levouse á súa filla tamén a Venezuela. Cando as socias de Sabina decidiron regresar a España, ela quedouse soa á fronte da fábrica e, coa colaboración do seu marido, chegou a ter 40 obreiras. Eles encargábanse da loxística e a contabilidade da fábrica, onde as contas facíanse de memoria. O matrimonio aforrou diñeiro e mandouno ao pai de Sabina para que empezase co proxecto da casa. A familia regresou a España en 1972. De volta e sendo ama de casa, Sabina descubriu a súa paixón pola pintura, unha afección que segue tendo e que adestra en Mulleres da Estrada.

Rosa Carracedo Sánchez, nacida na Estrada, é a cuarta de sete irmáns. Creceu na taberna de Basilio, emprazada na contorna do lugar onde por aquel entón tiña lugar a feira de gando e onde axudou naqueles momentos difíciles da posguerra. Casou aos 19 anos con Alberto Blanco, mecánico e ferreiro de profesión co que tivo seis fillos. El emigrou a Libia a traballar e ela, con gran dificultade e esforzo, sacou adiante aos seus fillos. Ademais de traballar axudando ao seu pai na taberna, Rosa tamén se gañou a vida confeccionando pezas para bebés desde a súa casa. Segue sendo unha muller activa que participa nas actividades da igrexa e nas de Mulleres da Estrada.

Rosa Rey Chao, naceu na Estrada no seo dunha familia de sete irmáns, sendo ela a quinta. Casou aos 24 anos con Armando, orixinario de Lugo. Ao principio da súa nova vida viviu en Ferrol, Viveiro, Pontevedra e Vigo. Daquela a parella instalouse en Lugo, onde naceron as súas tres fillas. Trece anos máis tarde a familia volveu á Estrada. De carácter moi social e colaborador, Rosa participa activamente en diferentes asociacións e nas actividades sociais e culturais que se organizan na Estrada.

Mónica Rey García é o reflexo do novo zume estradense. Naceu en Venezuela de pais estradenses —el de San Pedro de Ancorados e ela de Rubín. De regreso na Estrada, estudou Administración e fixo prácticas nunha empresa na que quedou a traballar máis dunha década. A morte temperá dun familiar moi próximo marcou a súa forma de encarar a vida. Pertence a unha nova xeración de loitadoras onde o reinventarse é un camiño cara ao éxito. Empresaria e entregada ao movemento feminista, crea e dá oportunidades a outras mulleres da súa contorna nos seus perfís profesionais. Casada con Javier e nai de dous fillos, é unha buscadora incansable de oportunidades, sempre en continua evolución e implicada no movemento asociativo feminino.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions