Cada xoves, con Kim LLobet, abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos de saúde sexual con Sabela Maceira Mato, educadora social e sexóloga. Realiza tarefas de divulgación, formación e educación sexual no centro de sexología Con mucho gusto!. E este luns día 26 estará no ciclo "CINENCONTROS" de MinicinesCentral de A Estrada, no que as 19:30h. se proxectará a película protagonizada por Emma Thompson "Buena suerte, Leo Grande".

"A saúde sexual vai moito máis alá de ter sexo. Moitas veces unha cantidade de sexo determinada esconde carencias afectivas".

"Cando falamos con persoas adultas maiores, sobre todo con mulleres pois que tiveron encontros eróticos durante toda súa vida, por complacer, porque era o que tocaba, por sentirse presionadas ou obrigadas a certas cousas, pero que realmente non chegaron a disfrutar deses encontros".

"É importante xeral espacios para as persoas adultas maiores, son persoas que teñen dereito a experimentar o placer, non debemos dar por feito que as persoas maiores xa non teñen erótica, e temos que facilitar ferramentas para que vivan a súa sexualidade".

25 aniversario DÍA MUNDIAL DA SAÚDE SEXUAL

O 4 de setembro celébrase o Día Mundial da Saúde Sexual, unha iniciativa
promovida pola Asociación Mundial para a Saúde Sexual (WAS) desde o ano 2010.

A finalidade desta efeméride é concienciar á poboación acerca da promoción
dos dereitos sexuais, a diversidade sexual, así como a saúde sexual e reprodutiva dunha maneira pracenteira, sen discriminación ou riscos. Así mesmo, trátase de divulgar información acerca dos factores de risco, enfermidades de transmisión sexual e contagios, como as precaucións pertinentes para unha vida sexual saudable.

Que é a Saúde Sexual?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde sexual como "un
estado de benestar físico, mental e social en relación coa sexualidade.
Require un enfoque positivo e respectuoso da sexualidade e das relacións
sexuais, así como a posibilidade de ter experiencias sexuais pracenteiras e
seguras, libres de toda coacción, discriminación e violencia".

A sexualidade abarca aspectos como o sexo, a identidade de xénero, o
erotismo, o pracer, a reprodución e a intimidade. Exprésase en pensamentos,
valores, crenzas, desexos, actitudes, roles e prácticas.

Asociación Mundial para a Saúde Sexual (WAS)

A Asociación Mundial para a Saúde Sexual (WAS) é unha organización
internacional creada no ano 1978 que agrupa a organizacións non
gobernamentais, sociedades científicas e profesionais na área da
sexualidade humana, cuxo obxectivo principal é promover os dereitos sexuais, fundamentados nos dereitos humanos universais para unha adecuada saúde sexual.

Promove a saúde sexual a través de campañas, eventos e actividades educativas en diferentes rexións do mundo.

Os dereitos sexuais contemplados nos dereitos humanos:

1. O dereito á igualdade e á non-discriminación.

2. O dereito á vida, liberdade e seguridade das persoas.

3. O dereito á autonomía e integridade do corpo.

4. O dereito a unha vida libre de tortura, trato ou pena crueis, inhumanos ou
degradantes.

5. O dereito a unha vida libre de todas as formas de violencia e de coerción.

6. O dereito á privacidade.

7. O dereito ao grao máximo alcanzable de saúde, incluíndo a saúde sexual que comprende experiencias sexuais pracenteiras, satisfactorias e seguras.

8. O dereito para gozar dos adiantos científicos e dos beneficios que deles
resulten.

9. O dereito á información.

10. O dereito á educación e o dereito á educación integral da sexualidade.

11. O dereito para contraer, formar ou disolver o matrimonio e outras formas
similares de relacións baseadas na equidade e o pleno e libre consentimento.

12. O dereito para decidir ter fillos, o número e espaciamiento dos mesmos, e a ter acceso á información e os medios para logralo.

13. O dereito á liberdade de pensamento, opinión e expresión.

14. O dereito á libre asociación e reunión pacíficas.

15. O dereito para participar na vida pública e política.

16. O dereito ao acceso á xustiza e á retribución e a indemnización.

Máis infomación de CON MUCHO GUSTO:

✔️ Páxina Web: https://www.martinagonzalezveiga.com/sexologia

✔️Facebook: https://www.facebook.com/conmuchogustoscq

✔️Instagram: https://www.instagram.com/cmgsexologia/

✔️ Twitter: https://twitter.com/cmgsexologia

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCbqkjHbedDjnT-eledoFrNg

✔️Teléfono: (+34) 676649930

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions